Cerqueda, Camariñas e Cee completan o cadro de campións das Ligas de F8
Convertíase a semana pasada o Dumbría no primeiro campión das Ligas de F8, facéndose co título da Liga Alevín Sur. E xa tempo o cadro completo de campións das Ligas Alevín e Benxamíns.
Na Liga Alevín Norte foi o Cerqueda o que levantou a copa de campión de liga tras vencer 5-2 na última ao Xallas, e superando a un Sofán que chegaba líder á última xornada pero ao que lle tocaba descansar.
O Camariñas campión da Liga Benxamín Norte
Na Liga Benxamín Norte o Hermanas Patiño acollía unha finalísima, onde o Camariñas deu conta do Coristanco e alzouse co título.
Polo Sur, o campión Benxamín é o Cee, despois de vencer ao Muxía e facer inútil a vitoria dos Miúdos ante o Dumbría.
O Cee, campión da Liga Benxamín Sur
Vindeira fase: Previa da Copa
A semana que vén haberá reunión para preparar a fase clasificatoria da Copa da Costa F8, que xa sabedes que é toda unha festa do Fútbol Base costeiro. Faranse 4 grupos de liga a doble volta, e clasificaranse para a Fase Final da Copa o campión de cada grupo, que se unirán aos 2 campións destas Liga (se quedan tamén campións de grupo entraría o 2º) e aos dous equipos que disputan a Liga Comarcal.
Esta Fase Final da Copa terá 8 equipos para Alevíns, Benxamíns e tamén, por primeira vez, en Prebenxamíns, pois se clasificarán os 4 primeiros de cada grupo.
Novas do Álbum de cromos
- O Dumbría abre o camiño da nova rolda de campións das Ligas F8.
- A xira de presentacións do Álbum da Costa, unha inxección de ilusión.