O Muxía CF lánzase tamén á revolución do #FUTFEM
”Xa había tempo que viamos nenas xogando no campo no intermedio dos partidos, nos parques, nos coles… E tiñamos gañas de sacar adiante un equipo feminino. E agora é o momento”.
Así explica Felipe, directivo do Muxía CF, o anuncio de que o club vai intentar sacar un equipo feminino para a temporada 23/24. Animan a todas as mulleres de Muxía e a contorna que se animen a participar a partir de 13 anos no equipo sénior, pero tamén as prebenxamíns, benxamíns e alevíns que queiran facelo no equipo de Promesas, pois o club tamén ten intención de facer equipo para esa categoría.
Por agora xa teñen 8 apuntadas, case todo rapazas do 98 para diante, pero tamén algunha do 75. “Se dá para fútbol 11, fútbol 11, e se non comezaremos co F7”, explica .
”A ver se conseguimos chegar a facer unha Liga da Costa, que iso si que sería o máis bonito", reflexiona Felipe.
Por agora xa temos 10 equipos en competición: ademais do Bergantiños en 1ª Galega, aos Cee, Xallas, Dumbría, As Miúdas, Mazaricos, Ponteceso, Corme e Cerqueda na 2ª, e o Corcubión na Liga de F7.
Máis novas do FUTFEM
- FUTFEM: Poker de vitorias para Xallas, Cee, Dumbría e As Miúdas.
- As Seleccións da Costa Femininas sub11 e sub14 estrearanse este Entroido.
- As Seleccións da Costa Femininas sub11 e sub14 estrearanse este Entroido.
- Elena Vázquez, da Selección da Costa á Selección Española.
- O Plan competicional da 2ª FUTFEM.