Copa da Costa: Paparruchadas? Non, xenios...

02:51 29/05/17
Os corcubioneses Pablo Lestón e Brais Lado foron as figuras da xornada inaugural de cuartos de final do torneo do KO, no que tiraron de clase para guiar a Fisterra e Malpica, respectivamente
Dieguito, atacante onte do Ponteceso - Foto: SD Ponteceso
Ponteceso 3-1 Cerqueda
Baba, bigoleador dos da Vila de Pondal - Foto: SD Ponteceso
Derbi de diccionario
Tódolos elementos habituais dun encontro entre veciños xuntáronse para converter o Ponteceso-Cerqueda nalgo máis que na apertura dos cuartos de final da Copa da Costa. Houbo intensidade, polémica, oportunidades e accións cun punto de intensidade superior á dunha cita ligueira ao uso. A pesares da orde que mantiveron os dous de inicio xa se deran dous goles no primeiro cuarto de hora, ademais dunha acción de gol para os visitantes. Abriría o marcador un dos grandes protagonistas da tarde, o africano Baba, cun disparo lonxano que atopou a colaboración de Diego Dourado nun despexe erróneo. Unha das primeiras accións polémicas chegaría na igualada case inmediata, co tanto de Athu á saída dunha falta. Os pontecesáns reclamaron falta no salto sobre Brais, quen tivo que ser sustituído intres despois. Por parte visitante o enfado viría ao fío do intermedio despois da invasión dun seareiro local ao campo. Ademais a UD reclamou a agresión dun xogador pontecesán nunha acción xunto ao asistente.
O paso por vestiarios sentaríalle mellor ao Pontecceso, que faría de novo un par de goles madrugadores e condeatorios. Baba facía o segundo (o Cerqueda pediría fóra de xogo) e Mara empurraba o terceiro. O ida e volta final deixou varias accións claras de compromir aínda máis o cruce cara á votla, pero os de Periscal non tiveron puntería.
Malpica 2-1 Dumbría

- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais (Xurxo min.37), Ismail, Matías, Dani Cotelo, Charly (Alberto Recarey min.59), Mendieta, Baba, Nando, Dieguito, Mara (Eloy min.73) e Charro
- Cerqueda: Diego Dourado, Bastón (Sergio m.75), David,Uru , Dani, Cholo (Vieites m.63), Michel, Eloy (Lorenzo m.46), Iván, Méndez e Athu (Juanjo m.90)
- Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Charly, Isma, Alberto Recarey, Baba, Matías, Nando e Mendieta do Ponteceso; Eloy Iván Mato, Uru e Vieites do Cerqueda
- Goles: 1-0 m.7 Baba; 1-1 m.15 Athu; 2-1 m.52 Baba; 3-1 m.55 Mara

- Campo: A Pedra Queimada
- Malpica: Brais, Marcos Pensado, Rubén (Pablo m.85), Mario, Alberto, Laye, Isma, Cristian (Petís m.75), Leilán, Eloy e Brais Lado
- Dumbría: Iago Buzón, Jose, Iago, David Carreira (Pablo Conde m.46), Jose Miguel (Cristian m.66), Aarón, Diego Cespón, Rivi, Darío Capelo, Charly (Martín m.66) e Raúl
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Raúl e Rivi do Dumbría
- Goles: 1-0 m.35 Leilán; 1-1 m.42 Rivi; 2-1 m.48 Eloy Cabeza
- Campo: Ara Solis
- Fisterra: Joselu, Fabi (Cristopher m.70), Robertín, Tati (Pablo Lestón m.61), Jorge (Isma Leis m.56), Piti, Roco, Cote, Adri (Angeliño m.46), Roa e Bruno
- Camariñas: Brais, Maikol, Kevin, Gabi, Pablo Mouzo, Míchel, Brais Chicote, Yuyo, Nazo, Javi e Maikel
- Árbitro: Rey Molano (A Coruña). Expulsou a Pablo Mouzo do Camariñas (m.77). Amonestou a Roco e Adri do Fisterra; Maikol e Maikel do Camariñas
- Goles: 1-0 m.16 Bruno; 1-1 m.30 Javi Antelo; 2-1 m.84 Pablo Lestón; 3-1 m.88 Angeliño
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Baíñas: Maikel, Jaime, Tantán, Álex Canedo, Cristian, Chento, Esteban, Felipe, Canay (Oreiro m.86), David Blanco (Héctor m.86) e Pablo Muíño
- Baio: Diego, Isaac, Norberto, Yago, Luis, Fachal, Moreno (Christian m.81), Rubio (Martín m.55), Bieito, Javi Suárez (Santi Díaz m.72) e Martín MC
- Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Pablo Muíño (m.90) do Baíñas. Amonestou a Esteban, Álex Canedo, Canay do Baíñas; Luis Alvite, Bieito e MC do Baio
- Gol: 1-0 m.78 Tantán