Venres. 11.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: Segundo o libro

Copa da Costa: Segundo o libro
Sporting Zas e Mazaricos avanzaron a semifinais e confirmaron as sensacións deixadas no primeiro encontro Os xogadores do Cerqueda despediron a tempada cun 'ágape' - Foto: UD Cerqueda Os xogadores do Cerqueda despediron a tempada cun 'ágape' - Foto: UD Cerqueda Cerqueda 2-2 Sporting Zas
  • Campo: Xaviña (Buño)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Brais (Javi Gemelo m.81), Juanjo (Darío m.46), Sergio, Dani, Pazos, Eloy (Jonás m.59), Manu (Bastón m.64), Adrián, Lorenzo e Fernandito
  • Sporting Zas: Bugy (Tívoli m.46), Martín, Carlos, Dieguiño, Rubén Forján (Pedro m.42), Manu, Adri, Cilindro, Chapela (Rubio m.46), Dani (Manuel m.46) e David Blanco (Diego Fernández m.46)
  • Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Jonás, Fernandito, Brais do Cerqueda; Rubio do Sporting Zas
  • Goles: 0-1 m.32 Rubén Forján; 1-1 m.64 Fernandito; 2-1 m.71 Lorenzo; 2-2 m.86 Darío, en propia meta
Un moi digno adeus e unha boa preparación Despediu coa cabeza ben alta a tempada un gran Cerqueda, que incluso estivo a piques de vencer ante un Sporting Zas que tiña un ollo posto na promoción co Belvís, pero que presentou un equipo notablemente habitual. Foi o ímpetu cerquedense o común denominador nunha primeira metade na que a parroquia legal incluso reclamou coma legal un gol anulado por fóra de xogo. Sen embargo, a puntería estaría do lado sportinguista, como amosou Rubén Forján ao resolver no área. Houbo catro variantes na formación zascense despois do intermedio, unha vez a eliminatoria estaba prácticamente sentenciada. Buscou a honra e atopouna o equipo de Emilio Uzal, que igualaría cun golazo de tixeira de Fernandito, pode que o MVP do curso. Pouco despois, Lorenzo, ao primeiro pau, daríalle algo de emoción ao cruce. O Zas, xa na recta final, igualaría tras un tanto en propia meta.   Corcubión 1-3 Mazaricos
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Beto (Jose m.46), Mario Suárez, Gabr (Roi m.56)i, Alan, Sebas, Lema, Toja, Tito, Senra, Pablo Castro e Jose (Samuel m.66)
  • Mazaricos: Miguel (Iván m.64) (Raúl m.69), Matías, Martín, David García, Ricardo, Marcos, Pereiro, Brais, Estéfano, Molinos e Chenel
  • Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña). Amonestou a Mario Suárez do Corcubión; Molinos do Mazaricos
  • Goles: 0-1 m.29 Matías; 0-2 m.41 Chenel; 0-3 m.72 Molinos; 1-3 m.77 Tito, de penalti
O que se intuía Non houbo opción á sorpresa do Corcubión na volta do seu cruce co Mazaricos. Xa no primeiro partido os de Cubaleiro evidenciaran un notable desgaste físico e falta de forzas, e sucedeu unha vez máis. Ante un rival cunha gran carga de intensidade, apenas tiveron opcións máis que de despedir dignamente a tempada do ascenso. Matías, nun bo remate, e Chenel, noutra acción de intelixencia coma punta, finiquitaron o cruce. Sobrou un segundo acto en forma de encontro amigable e de epílogo para un curso sobresaínte para ambos.  

A Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios