Venres. 29.03.2024
El tiempo

#CopadaCosta: 4 prórrogas e 2 quendas de penaltis nunha emocionante Previa

Nanton-Volantes-Foto-Adri
Foto do Nantón-Volantes de Adriana Fdez.
#CopadaCosta: 4 prórrogas e 2 quendas de penaltis nunha emocionante Previa

Por algo gusta tanto a #CopadaCosta. 32 equipos de 4 categorías diferentes enfrontábanse na Previa da competición copeira. A partido único na casa do pequeno, a emoción faise protagonista e permite vivir partidos, que a priori tiñan un pronóstico claro, en intensas experiencias non aptas para cardíacos. E se non que llo pregunten aos que sufriron en Agra da Filgueira, con dúas quendas penalti nunha fin de semana. O sábado foi o Muros o que eliminou ao Cee na lotería dos 11 metros; o domingo foi o Monte Louro o que mandou ao Lira para casa.

Se ben houbo eliminatorias claras, como as goleadas de Corme, Mazaricos, Esteirana, San Lorenzo, Muxía e Ponteceso, houbo moitas máis igualadas ao máximo. Así contáronse 2 tandas de penaltis e 4 prórrogas.

Copa da Costa 2022 - Previa

2 partidos por todo o alto

Dumbria na Copa da Costa
O Dumbría batiu ao Xallas

A atención estaba posta en 2 campos. No Conco, o Dumbría enfrontábase ao Xallas, e non fixo valer a categoría deste curso, superando aos xalleiros por un apretado 2-1. Darío Capelo adiantaba aos dumbrieses de penalti; empataba pouco despois Alex Blanco tamén de pena máxima, e xusto antes do descanso Xabi marcaba a pase de Mario, para poñer o 2-1 que non se movería ata o final do partido.

En Vimianzo, na xornada sabatina, Soneira recibía ao temido Fisterra. E os fisterráns non fixeron prisioneros e mandaron aos soneiráns a descansar cun 1-3 só decidido no último cuarto de hora. Foi un partido típico desta copa, onde equipo de superior categoría non foi capaz de impoñer o seu xogo ata o último treito de partido. O Soneira era superior e buscaba a velocidade de Pichi e Javi, mentres o fisterra e non era capaz de chegar con claridade á porteria rival.
O marcador non se movería ata o m.76, co golazo de Javi Souto para os soneiráns collendo adiantado a Iván Bouzón. Pero reaccionou o Fisterra, marcando de seguido Víctor Casais e provocando a prórroga. Foi aí cando Adrián Makaay e o vimiancés Vía sentenciaba a eliminatoria para o cadro verde.

Máis prórrogas

Houbo ademais, outras 3 eliminatorias que se decidiron no tempo engadido. O Castriz sufriu a gota gorda para superar ao campión da 3ª, o Corcubión. Mata marcaba para o Castriz no comezo da segunda, pero Samuel empataba. Iván Facal facía o 1-2 a 5 para o final pero o pichichi das ligas da Costa, César, empataba sobre o pitido final. Era Martín Gemelo o que daba a vitoria aos de Miguel Chouza.

Tan emocionante estivo o choque nas Fontiñas. As dúas división que separan a Nantón e Volantes non evitaron que se vise un partido de cine. Redondo adiantaba pronto aos locais, pero Kevin lograba o empate antes do descanso. Josiño metía de novo aos seus ao comezo da segunda, pero Pesco e Álex Vázquez daban a volta ao marcador. Parecía que remataba o choque pero Josiño empata mandaba o partido á prórroga. Foi aí cando un gol en propia daba a clasificación ao cadro laranxa.

Tamén en Pedra Queimada se viviu un fermoso choque entre un gran Seaia e un gran Outes. E tamén un gol en propia meta decidiu o choque na prórroga. Antes Raúl adiantaba aos locais, pero Aarón lle daba a volta ao marcador, e Manuel Luís puña a igualada.

Ademais, non chegou ao tempo engadido, pero o Baio sufríu para eliminar ao Laxe nunha desas eliminatorias con historia. O Laxe só puido recutar, por medio de Carrabete, os goles de MC e Paco, pero a incerteza estivo no partido ata o pitido final.

Outro que sufríu foi o Coristanco, para saír con vida do Hermanas Patiño.

copa da Costa Camarinas-Coristanco
Imaxe do Camariñas-Coristanco. Foto: Jose Campaña

Comentarios