Corazón partío ou rompecorazóns?
18:10 22/06/17
Boa parte do éxito do Dumbría no último lustro leva precisamente selo fisterrán: os goles de Adrián, o traballo de 'buscaminas' de Aarón na medular ou a preparación dos porteiros e motivacional de Jose 'Tolo' son chave para explicar ata onde ten chegado o cadro branco; a do domingo será unha final especial, pero tamén difícil de afrontar desde o plano sentimental para estes tres oriundos orgullosos da Vila do Cristo
Adrián Makaay, Tolo e Aarón López no Faro Fisterra
Se o Dumbría leva a Copa da Costa o vindeiro domingo a lectura do derrotado, o Fisterra, será que en gran medida ten sido unha 'morte' na beira debido a lume amigo. Ten ese concepto unha sorte de aleatoriedade e falta de intencionalidade. E en certo modo, no máis profundo do corazón de Adrián, Aarón e Jose 'Tolo' seguro que hai unha especie de dúbida cartesiana ao respecto. Naturais da Vila do Cristo, a súa fama ten ido acompañado sempre do xentilicio cun sentido de orgullo e de aumentar ese concepto da 'marca Fis' que tan hondo ten calado no balompé costeiro. Sen eles, ademais, serían irrealizables e inimaxinables os éxitos do Dumbría no último lustro.
Poucas cousas quedan por presentar ou dar a coñecer de Adrián López López (Fisterra, 1988). Irónicamente, o capitán que levou o barco da SD a Primeira Galega (a el mesmo a ser terceiro máximo goleador da historia da Liga da Costa) pode ser agora o iceberg no peirao dos soños ata hai pouco insoñables para esta xeración: un doblete en forma de Liga e Copa (cuns meses de distancia). Este caníbal do éxito quere ese privilexio para si de levantar nun mesmo curso deportivo o torneo do KO e a regularidade. Ídolo para os Rapacollóns, incluso na súa propia casa haberá división á hora de apoiar a un o outro equipo.
Un pouco máis á sombra na luz da fama está Aarón López Martínez (Fisterra, 1988), pero para calquera cun carnet que lle dea licencia para falar de fútbol sabe da importancia deste 'stopper' na concepción máis británica do termo: ferocidade defensiva sempre dentro da legalidade, carácter gañador e un cada vez máis acentuado sentido de box to box ata o punto de terse convertido nun dos máximos realizadores do equipo. Ao contrario que o seu inseparable compañeiro Adrián a súa andaina coa SD en categoría Sénior redúcese a unha eliminatoria de Copa da Costa en Baio, en pleno salto desde o Xuvenil de Liga Nacional do Calasanz. Seu tío José Manuel López Canosa ten sido figura fundamental tamén neste último lustro no banco dumbriés (e chegou co Fisterra a Terceira División), mentres que o seu pai Ángel dirixiu durante anos ao Fisterra.
E un pouco máis na sombra aínda está José Manuel Álvarez 'Tolo' (Fisterra, 1983), quen empezou como xove promesa na portería do Fisterra, probou con clubes como o Racing de Ferrol ou o Santa Comba e acabou en Dumbría baixo paus e cunha progresiva conquista dos corazóns de directiva, adestradores e compañeiros. Iso, unido á súa paixón polos guardiáns do tridente de paus levouno a formarse como adestrador titulado de porteiros, así como a unha especie de secretario técnico. No da captación tivo sempre tamén un papel esencial. Agora, a función é triple: adestrador, asesor de incorporacións e tamén pilar fundamental para un dos vestiarios máis unidos que se lembran, a xulgar polas verbas dos seus propios intgrantes.
Os tres abren o seu corazón para QPC a poucas horas dunha final inédita e que de seguro perdurará na lembranza colectiva durante anos.
Cuestionario:
- 1- Se estivera súa man man, houberan elixido outro rival?
- 2- Que significa exactamente unha final contra o Fisterra?
- 3- Celebrarán un posible gol?
- 4- Vostedes están acostumados a xogar finais, ao contrario que o seu rival, pensan que ao ser máis especial dalgún modo para a SD os convirte en máis perigosos e reduce as diferencias?
- 5- Tocoulles vivir a rivalidade entre Dumbría e Fisterra desde ambos lados, como está ese tema agora mesmo e por que pensan que xurdiu?
- 6- Este Dumbría é mellor que o anterior que ascendera?
- 7- Rondando os 30 ou superando, pódese dicir que están no seu momento máis maduro?
- 8- Como se leva a final na casa?
- 9- Se tiveran que xogar unha cena con alguén de alá a que gañades, a quen desafiarían?
- 10- Pongan data á volta a casa!
Novas relacionadas
- ‘Ejemplo de fisterranía’.
- A Primeira Dama da Copa… e a que manda.
- Copa da Costa: O novo capo contra a ‘Vecchia Signora’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).