Corcubión acollerá a Fase Final das LCFS

09:57 27/04/22
Tras unha complicada liga regular, con moitos paróns, partidos aprazados continuamente… Chegouse ao remate das Ligas Comarcais de Fútbol Sala, cun equipo como gran protagonista: o EFM VImianzo quedou primeiro nas dúas categorías.
Pero queda o máis vivido, a Fase Final a 4 das LCFS Benxamín e Alevín.
O Polideportivo Municipal de Corcubión será a sede da fase o sábado 7 de maio. Unha Finalísima que enfrontará aos 4 primeiros de cada categoría en semifinais e final.
Os enfrontamentos son así:
Benxamíns
- 15:00: EFM VImianzo - EMF Camariñas.
- 16:00h: CPR Manuela Rial - EDM Ponteceso.
- 19:00: Final.
Alevíns
- 17:00: EMF Vimianzo - EMF Camariñas.
- 18:00: ACD Rapacollóns - EDM Ponteceso.
- 20:00: Final.