A crónica dominical: De derbis e realidades
Emocionante carrusel dominical o que vivimos en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar, dende ese Fisterra que xa se perfila como realidade, ata a base, pasando por unha 1ª con doble derbi, e unha Liga da Costa vibrante.

Este Fisterra xa se perfila como unha realidade e volvía gañar fóra de casa, manténdose como case que única alternativa ao poderoso Viveiro. A xornada foi boa ademais na Preferente, pois o Xallas sumaba a súa segunda vitoria consecutiva, e xa alcanza aos equipos que están en postos de permanencia. O Sofán non pasaba do empate ante o Mugardos e deixa escapar o grupo cabeceiro.
Como dicimos, a xornada tivo dous derbis na 1ª. E tamén parece unha realidade o seu líder, Soneira, que recibía a un necesitado Mazaricos, e se ben encarrilou pronto o partido, a reacción dos amarelos fixo que os soneiráns acabaran pedindo a hora. En Baio, o Dumbría foi por diante moitos minutos, pero nos últimos 5, o Dumbría dáballe a volta ao marcador. Pola súa parte, o Volantes rachou a súa reacción marcha e caía en Lalín.
Na Liga da Costa o máis destacado foi o tropezo do San Lorenzo en Muros, ante un cadro local que se resiste a baixar do vagón de cabeza, e de feito, empata cos carballeses na 4ª posición. Os 3 primeiros non fallaron pero sufriron, tanto o Ponteceso nas Redondas ante o Cerqueda, o Corme en Buño. Gañou relativamente fácil a Esteirana a un Zas que segue sen estrear o taboleiro de vitorias.
E na 3ª, o Camariñas endosou unha crúa goleada ao Corcubión, e o Outes tamén pega un estirón na loita pola 2ª praza, unha vez que o Camelle non pasou do empate en Seaia. A nova foi a primeira vitoria do Ameixenda ante o Castrelo.
Derbi feminino
Base
O máis destacado da base foi o remate da primeira fase, que deixa 8 campións de grupo, que loitarán por 4 prazas para as Ligs Comarcais, 2 para Alevíns e 2 para Benxamíns.
Os Campións da primeira fase son:
- En Alevíns: Xallas, Dumbría, Xallas B e Outes B.
- En Benxamíns: Xallas A, Camariñas, Outes e Cee.
Veteranos
AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM