Venres. 29.03.2024
El tiempo

A crónica dominical: Unha derrota deshonrosa, dous cambios de líderes e un último clasificado para a Promoción da 3ª

A Esteirana caeu en San Andres ante o Sporting Zas
A Esteirana caeu en San Andres ante o Sporting Zas
A crónica dominical: Unha derrota deshonrosa, dous cambios de líderes e un último clasificado para a Promoción da 3ª

Nova xornada intensa do Fútbol da Costa, vivida con emoción no carrusel de www.futboldacosta.com. Unha xornada cun gran protagonista, negativo, un Fisterra que puido ter dado un paso de xigante cara a Terceira División e acabou sufrindo unha goleada de escándalo en Sarria.

Tiña a SD unha ocasión de ouro despois da derrota do Noia ante o líder e o empate do Gal. Mugardos en Castriz, ante un Xallas que segue sumando. Como O Sofán, que despois de vencer ao Arteixo xa ata ten que mirar cara a Promoción.

A Liga da Costa

Menuda xornada na Liga da Costa, na que Ponteceso e Esteirana fallaron deixando que o Corme volva ao liderato. O Ponteceso non pasou do empate en Xaviña ante o Cerqueda, pero máis sorprendente foi a derrota da Esteirana en San Andrés ante o pechacancelas, un Zas que sumaba ante o cadro blaugrana a súa terceira vitoria do curso.

A Primeira e a alerxia ao liderato

Segunda derrota seguida do Dumbría despois de acceder ao liderato, o que lle permite ao Soneira, que suou a súa vitoria en Escravitude para recuperar a primeira praza. Do resto só o Baio venceu e pega un salto de tranquilidade, pois as derrotas de Mazaricos e Volantes os deixan nunha zona baixa tremendamente apretada, con só 9 puntos de diferencia entre o 8° e o 18°.

Rematou a Terceira

Última xornada da Liga regular da Terceira, que deixa ao Camariñas como campión e ao Camelle como último equipo en clasificarse para a Promoción. Non necesitou gañar o cadro camellán, pois caía ante o Camelle pero a derrota do Seaia ante o Montelouro metía directamente aos de Ordóñez nas semis polo ascenso. Así, co Camariñas e Outes ascendidos, xogaranse unha praza de Ascenso á Liga da Costa Montelouro contra Camelle e Laxe contra Nantón.

FutFem

Mantense o Bergan na loita polo título e ascenso cos seus tres rivais do gr. 1, ao igual que o Cee no Gr. 3. As Miúdas non pasaron do empate ante un dos de abaixo.

Base

Non desaproveitou o Outes a xornada de descanso do Soneira e venceu ao Corme acadando o liderato da Liga Xuvenil. O Cabana tamén gañou e segue na pugna.

En Cadetes, Xallas, Cerqueda e Cabana manteñen a pugna, e en Infantís o Dumbría lidera en solitario e o Outes tamén golea.

Ademais, houbo xornada de F8, tendo xa campións das Ligas Prebenxamíns, o Camariñas no Norte e Os Miúdos no Sur

Os Miudos campion de Prebenxamin

Xornadas claves nos Veteranos

Tras estas dúas xornadas cheas de duelos directos, seguen os 5 equipos metidos na loita polo título da D. H. dos Veteranos. O San Lorenzo é que sae máis beneficiado tras vencer a semana pasada ao San Román e está ao Soneira. Os carballeses quedan con 3 puntos de vantaxe sobre Zas, que vencía ao Dumbría despois de caer a semana pasada ante o Soneira. A 6 quedan San Román e o propio Dumbría quedando xa a 9 o cadro soneirán.

Na Primeira o Ara Solis celebrou xa o ascenso, e o título, na súa primeira temporada, con 4 xornadas de marxe. San Ramó e Corme xógase a segunda praza de Ascenso.

Comentarios