Dani Esmorís Tasende volveu ás Eiropas para visitar o Campus do TEC
11:37 02/07/21
Menuda sorte tiveron os rapaces e rapazas do VI Campus de Tecnificación das Escolas Luís Calvo Sanz e o Bergantiños FC. Nada menos que Daniel Esmorís vistou o campo das Eiroas para falar coa rapazada e contarlle as súas vivenzas no fútbol semiprofesional. Dani, irmán do recoñecido Angeliño, natural de Silván (Coristanco), é actual xogador do Villareal B da 2ª B estatal, despois de pasar polas Escolas Luís Calvo, a Academia Manchester City, e o propio Bergantiños Cadete.
Foron os máis de 100 os nenos e nenas de entre 4 e 15 anos desta primeira quenda do campus, os que disfrutaron da compaña do ilustre lateral esquerdo.
Dani falou ademais para a cámara de QPC.TV / SensorMedia, e pronto teremos o resultado.