De Copa, de arrastres e de fases de ascenso aprazadas


Arrincan os Oitavos da Copa da Costa (xa temos os horarios actualizados das Copas e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com e das competicións ligueiras aínda en xogo en www.futboldacosta.com)e, para variar, varios equipos vense afectados por ter que xogar doble partido. Todos pendentes ademais, dos devanditos arrastres, que teñen a 4 equipos en vilo, e que poden provocar nada menos que 11 descensos no Fútbol da Costa este curso.
A xornada vén completita. Por arriba, todos pendentes do Xallas, que recibe a un Viveiro sen nada en xogo, en horario unificado, domingo ás 18:00h. O cadro xalleiro espera ademais un favor dos veciños dumbrieses, que visitan a un rival directísimo, a Sarriana.
Na Fase de Ascenso á Preferente, o Sofán recibe ao Miño o sábado ás 19:00h no Carral, nunha eliminatoria a ida e volta, que definirá o equipo que ascende. Co Sofán, están tifando o Outes e mais o Coristanco, pois o seu ascenso pode significar a permanencia de ambos.
A Promoción de 2ª quedou suspendida por agora por unha reclamación presentada polo San Mamed ante unha decisión da Federación de expulsar a un equipo da zona de Santiago (6 meses despois da infracción de non presentarse a 3 partidos), dando por inválidos os puntos dese equipo en toda a segunda volta. Unha decisión que deixa fóra ao San Mamed e que colocaría no sorteo ao Belvís. Zas e Bastavales esperan rival. Ata o vindeiro luns, o cadro zaense non saberá nada.
Na 3ª, Corcubión e Muxía xogaranse no Cubaleiro o ascenso á Liga da Costa. Menuda final.
Na Base
Se ben aínda quedan os Dumbrías das Ligas Autonómicas, en Liga os Alevíns e Benxamíns do Norte, toca tamén a volta dos Oitavos da Copa da Costa Cadete e Infantil.
Os que xa comezan son os equipos da Fase de Ascenso ás Liga Galegas. Xallas e Cee en Xuvenís, Fisterra e Xallas en Cadetes (o Corme renunciou) e Dumbría en Infantís, comezan a invasión das Ligas Autonómicas. Esta fin de semana varios teñen xa doble partido. Teñen todo en www.copadacosta.com.
Novas relacionadas
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Opinión de Guillermo Parga do ascenso do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Opinión de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).