Venres. 04.10.2024
El tiempo

O derbi da comarca de Fisterra da 1ª Galicia por Iván Bouzón e Rivi

Iván Bouzón (CF Dumbría) e Rivi (SD Fisterra). Fotos: David Castro
Iván Bouzón (SD Fisterra) e Rivi (CF Dumbría). Fotos: David Castro
O derbi da comarca de Fisterra da 1ª Galicia por Iván Bouzón e Rivi

Esta fin de semana, o Ara Solis centrará toda a atención da afección costeira da 1ª Galicia xa que o municipal fisterrán acolle o derbi entre o Fisterra e o Dumbría, o cal analizan polo miúdo o gardameta do conxunto local, Iván Bouzón, e Rivi, un dos capitáns dumbrieses, para Que Pasa Na Costa.

Os protagonistas

Iván Bouzón, porteiro da SD Fisterra

Iván Bouzón (SD Fisterra)

QPC: Esta vindeira fin de semana, vivirás un partido especial despois de tantos anos nas filas do Dumbría. Que significa o equipo do Conco para ti?

I.B.: É un clube onde vivín bos e malos momentos, onde xoguei gran parte da miña carreira futbolística e tamén crecín e mellorei como xogador sempre acompañado do Tolo, persoa coa que teño o pracer de poder seguir desfrutando.

QPC: Que opinión che merece o actual plantel do CF Dumbría?

I.B.: É unha mestura de veteranía e xuventude, con moi bos xogadores.

QPC: Como chega o Fisterra, tanto a nivel físico como anímico, a este encontro de máxima rivalidade ante o Dumbría?

I.B.: Con moitas ganas e forza, xa que é un derbi e nunca se sabe o que pode pasar nestes casos.

QPC: Como afrontades este derbi costeiro co Dumbría?

I.B.: Un derbi é un partido totalmente diferente e con moita máis emoción, o que tamén conleva máis nervios e presión, pero bueno, non hai dúbida de que o Fisterra está tratando de facer algo grande e continuaremos loitando ata o final para achegarnos máis ao noso obxetivo que é ser campións da liga.

QPC: Un resultado?

I.B.: 2-0 e atreveríame a dicir que os goles poderían ser de Julio e Makaay.

QPC: Hoxe por hoxe, sodes segundos clasificados e estades a dous puntos do Sigüeiro, actual líder deste grupo 2. Que obxectivo vos marcades de aquí ao final da tempada?

I.B.: Seguir loitando nos postos de arriba e así poder ascender directamente.

Sergio Cambeiro “Rivi”, xogador do CF Dumbría

Rivi (CF Dumbría)

QPC: Que opinión che merece o actual plantel da SD Fisterra, no cal tes moitos excompañeiros de equipo?

Rivi: Pois creo que ten un dos mellores planteis da categoría e por iso están onde están. Tanto por cantidade, como por calidade, como por mesturar experiencia con xuventude creo que van ascender este ano.

QPC: Como afrontades este derbi costeiro co Fisterra?

Rivi: Afrontámolo como todos os derbis, con moitas ganas de gañar. Aínda que como dicías temos moitos excompañeiros, para min  amigos, imos alá a polos tres puntos porque estes partidos son os que máis gusta gañar. Pero senón pode ser, alegrareime polos meus amigos.

QPC: Como chega o Dumbría, tanto a nivel físico como anímico, a este encontro de máxima rivalidade ante o Fisterra?

Rivi: Levamos un par de partidos sen gañar porque non estivemos a un bo nivel, pero este é un partido diferente así que quero pensar que imos chegar a tope. O que non vai faltar seguro van ser ganas.

QPC: Un resultado?

Rivi: Un 1-2 creo que sería un bo resultado.

QPC: Coa salvación practicamente garantida e cos postos de cabeza moi lonxe. Que obxectivo vos marcades de aquí ao final da tempada?

Rivi: O obxectivo é sumar os máximos puntos posibles. Como máis se desfruta é gañando, así que hai que gañar, tanto para desfrutar do fútbol como para evitar posibles problemas ca salvación, que aínda non é matemática.

Comentarios