O derbi muradán disfrútase en www.qpctv.gal
Espectacular a nova retransmisión de #QPCtv este domingo dende o Xosé Luís Vara, nun choque patrocinado por Almacenes Castillo. O derbi muradán, con máis de 400 persoas no campo, puido ser visto dende todas partes do planeta gracias a plataforma audiovisual da Costa da Morte. NYC, Lanzarote ou Italia foron algúns dos lugares dende onde nos enviaron mensaxes os siareiros do Fútbol da Costa.
Antón Lestón e Óscar Leis mantiveron o nivel dun partido que foi igualado ata o ecuador da segunda metade, cando a Esteirana rompeu o choque. Non puido estar Santi Caamaño, o humorista e axitador muradán ten febre e tivo que quedar na casa a pesar das gañas que tiña que invitar a este, o seu derbi.
“Dá gusto ver un campo cheo así, dá gusto xogar estes partidos”, recoñecía Iván Cerilla no post-partido con Antón Lestón. “Ver o campo así cheo… non hai cartos que o pague”, valoraba o capi esteirán Álex Rama!
Pincha en www.qpctv.gal para ver o Esteirana-Muros
PLATAFORMA DE PAGO
Este partido, pensando en que toda a comarca coñezades o formato de emisión de máxima calidade, volverá ser emitido en aberto, xa dende a nova plataforma qpctv.gal.
A partir da vindeira semana, poderedes sucribirvos en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1ª, 2ª e 3ª Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.
Agardamos que confiedes na potencialidade de termos unha televisión propia na Costa da Morte, a sintades propia e vos suscribades.
Gracias aos nosos colaboradores principais:
- Suministros Lar.
- Productos Cárnicos Domínguez.
- Estación de Servizo Bazarra.
- Hotel Restaurante As Eiras.
- Hotel O Semáforo de Fisterra e o Hotel Faro Lariño.
- Roberto Mouro Seguros Reale Baio-Santa Comba.
Pincha en www.qpctv.gal para ver o Esteirana-Muros
Outros partidos