Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un doble Xallas-Mazaricos en Fontenla e un Muxía-San Lorenzo como puntos fortes da xornada

Fontenla acollerá unha doble xornada sabatina
Un doble Xallas-Mazaricos en Fontenla e un Muxía-San Lorenzo como puntos fortes da xornada

banner alvaro fdc 580x90

Nova fin de semana de Fútbol da Costa da Morte. Fin de semana na que parece que o tempo mellorará de sábado a domingo, onde se disputará o groso das ligas sénior, co sempre vivido carrusel de www.futboldacosta.com.

1ª Galicia

A xornada vén marcada por unha verdeamarela tarde do sábado en Fontenla. Ás 17:00h o Xallas recibe ao Mazaricos, no derbi da montaña con moitas caras coñecidas nun e outro bando. Os verdes necesitan a vitoria para manterse na loita pola promoción e os amarelos non poden perder puntos para non caer de novo en zona perigosa.
Xa ás 19:15, as xogadoras de Rupper estrean liderato na 2ª Div. Feminina recibindo tamén ao cadro mazaricán que dirixe Borja Sueiro. A diferencia na táboa notarase no campo, pero a confraternidade entre as amigas seguro que está por riba de todo.
Ademais, na 1ª, encontros directos para os outros dous equipos que loitan na zona alta. O Dumbría (4º), recibe ao Negreira (2º), con 8 puntos de vantaxe entre ambos; mentres que o Soneira (5º) recibe ao C. Ribeira (1º), con 11 puntos máis que os soneiráns. Dúas probas de lume para ver se aínda se poden enganchar á loita polo título e o ascenso directo, ou se van estar nese segund vagón.
COmpleta a xornada o Baio, que non pode fallar ante o pechacancelas, nunha inmellorable ocasión para acabar coa mala serie de resultados que leva; e a Esteirana, que pode seguir escalando posicións se vence ante o Tordoia de Nando Muíño.

Liga da Costa

Outro dos puntos fortes da xornada é o choque entre dous dos máximos favoritos ao título da Liga da Costa e ao ascenso. O Muxía recibe en Arliña ao San Lorenzo. Tralo empate da semana pasada en Muros, o cadro de Lobelos e Leis leva 12 partidos sen perder (9 vitorias e 3 empates). En fronte, un San Lorenzo que sumaba a súa terceira derrota co Corme hai un par de semanas pero que leva 14 vitorias (levan 0 empates os de Dani Casal). 8 puntos os separan neste choque vital para o desenvolmento da Liga.
Polo demais, o Corme recibe a un Outes que rompía a semana pasada a súa mala serie, mentres que o Castriz, que completa o cuarteto de grandes favoritos, visita o sempre compicado Agra da Filgueira. Ollo tamén cun Cee-Camariñas de calidade, e dous enfrontamentos da zona baixa: Corcubión-Volantes e Muros-Cerqueda.

3ª Galicia

banner O Moncho 300x250

Quedan 8 xornadas para o final da primeira fase da 3ª, e o Porteño mira en fite o ascenso directo. 13 puntos saca ao 3º, Buño, e este domingo recibe ao Pereiriña para intentar manterse como o único equipo invicto do Fútbol costeiro. O Baíñas non fallará na súa visita ao sempre mermado Ameixenda, buscando afianzar esa segunda praza de ascenso directo.
Na loita pola promoción atopamos case que 8-9 equipos. O Buño (3º) recibe a un Xallas B que busca subirse a un tren que apenas ten a 6 puntos; O Zas (4º) visita Pedra Queimada para enforntarse a un Seaia que está tamén a apenas 7 puntos do Lira (6º marcando a promoción, e que visita Fontiñas); e o Camelle (5º) recibe a un Laxe que se pode volver meter na pomada se recupera a boa senda das primeiras xornadas.

Preferente

Pola súa parte, na Preferente, pode que sexa, se non foi alá, o último tren da salvación para o Fisterra. O cadro de Cali visita ao Lemos, o equipo que marca a permanencia, e que saca 13 puntos aos verdes. Mentres na zona morna, o Sofán visita a un Betanzos que lle saca 5 puntos.

FUTFEM

Na 2ª Feminina, complicados choques para os equipos do Norte. Mentres, polo Sur, ademais do derbi xalleiro, trae partidos nos que nin Cee nin Dumbría poden fallar para manterse na loita pola promoción. As Miúdas terano máis complicado ante o Calo, líder ata a pasada xornada, pero queren gañar para manterse na pelexa.

Os horarios en www.futboldacosta.com

Comentarios