Dumbría e Cee acollerán a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais

Conseguíu o CF Dumbría que a Real Federación Galega de Fútbol aceptase organizar unha das grandes festas do fútbol base galego na Costa da Morte. Os campos do Conco e do San Paio de Refoxos acollerán os días luns 12 e martes 13 de febreiro a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, nas categorías sub 11 e sub 13 masculinas e sub 11 e sub 14 femininas.
Juan Villamisar, vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol deixou claro que “O CF Dumbría é un exemplo de club no seu traballo coas bases. Sempre que precisamos, pedimos a súa colaboración e a do Concello para este tipo de eventos”.
Silvia Cancela, portavoz da xunta directiva da Real Federación Galega de Fútbol quixo dar as “grazas ao Concello e ao CF Dumbría. Traer un campionato a Dumbría é xogar en sitio seguro porque contades coas mellores instalacións. Neste tipo de torneos comarcais é onde se reflicte o traballo de base do fútbol modesto, onde toda a rapazada pode gozar de algo así, facendo o que máis lles gusta. Segunda ocasión para ver a selección feminina da Costa”.
Manuel A. González Corredoira, delegado territorial da Coruña da RFGF debullou o formato dos torneos: “O luns, en Dumbría, teremos a fase feminina de F8 e o martes a fase masculina de F8, coas 7 delegacións galegas e a subdelegación da Costa. O martes, teremos o F11 en Cee porque precisamos dous campos en funcionamento ao mesmo tempo”.
Raúl González, alcalde do Concello de Dumbría: Dumbría é Deporte, sinalou que o Concello "sempre ten as portas abertas a recibir esta clase de eventos. E atrévome a dicir que en Dumbría xogades sempre en terreo seguro porque temos instalacións, capacidade de organización e, sobre todo, moitas ganas de facer cousas e facelas ben”.
Finalmente, César Ferrío, presidente do CF Dumbría, exlicou as razóns que levaron ao club a soliciitar acoller este evento: “Desde o CF Dumbría desfrutamos organizando os torneos de F8, que reúnen as familias en torno ao deporte nunha xornada de celebración e convivencia”.
Formato do torneo
En Fútbol 8 dispútanse 4 partidos na primeira fase e 2 partidos na segunda fase, un total de 6 partidos, otorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases dictaminará as 4 seleccións clasificadas para as semifinais.
En Fútbol 11, pola súa banda, dispútanse 2 partidos na primeira fase e 1 partido na segunda fase, un total de 3 partidos, otorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases dictaminará as 4 seleccións clasificadas para as semifinais.
Máis novas