Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Promoción a 2ª: O Soneira mete un pé na Liga da Costa mentres Lira e Sofán B deixan o ascenso para a volta

Lira-Sofan B en Lombans
imaxe do Lira-Sofán B en Lombáns
Promoción a 2ª: O Soneira mete un pé na Liga da Costa mentres Lira e Sofán B deixan o ascenso para a volta

Con dous postos de ascenso en xogo á Liga da Costa, disputouse o partido de ida desta doble final, con dous resultados diversos. Por un lado, o Soneira deu un paso importante, ao vencer 1-4 en Carballo, nun partido no que as dúas expulsións a xogadores do Oza foron claves.

Polo outro, volveuse cerciorar que Lombáns é un fortín, e tras vencer nas últimas xornadas a Xallas e Soneira, o Lira puido tamén co Sofán B. Así e todo, un gol no treito final dos carballeses deixa todo aberto para a volta no Carral.

Lira - Sofán (2-1)

  • Lira: Taúl, Isaac, César, Amoedo, Marcos, Ángel Sestayo, Angel Vigo, Juan, Migueliño, Pablo Leis e Oli. Tamén: Cartamil, Alexis Cambeiro, Aron, Marcos, Ra.
  • Sofán B: Mario, Raúl, Iván, Eloy Cabeza, Ba, Roi Canedo, Ceide, Villajos, Manu Cancela, Nachete, Adrián Vázquez. Tamén; Marcial, Dani Calvete, Manu Castro, Alex Iglesias, Borja Viaño.
  • Goles: 1-0, m.6: Migueliño; 2-0, m.66: Ángel Sestayo; 2-1, m.78: Ceide de penalti.

Moito calor en Carnota no comezo, e co Lira moi forte, presionando arriba, e tendo ocasións. Mandaban pronto un balón ao longueiro e no seguinte córner Migueliño colle un balón fóra da área e marca un golazo dos que chama a atención por toda a escuadra. Gol agrio para Migueliño e para o Lira, porque o poderoso medio lesionábase nesa xogada e tería que saír lesionado minutos despois.

Notaron a baixa os lirachos que viron como o Sofán se ía facendo pouco a pouco co medio campo. O Lira, a empurróns ía apretando mentres que o filial buscaba baixar algo máis o balón, pero só conseguían facer dano en varias chegadas antes do descanso que salvaba Raúl.

Comezaba mellor o filial de Barca na segunda, entrando por banda, con varios córners e faltas, e atopándose de novo cun dos homes do partido, o meta liracho. E sería de novo o Lira o que facía o segundo, aproveitando Ángel Sestayo o rexeite dunha falta de Amoedo que pegaba no longueiro.

Pau gordo ese segundo, pero os carballeses non se viñeron abaixo. A lesión de Golpes facía dano no Lira, e o filial comezaba de novo a dominar, e a ter ocasións claras, un par de remates de Raúl, unha internada de Dani Calvete… Todas atopábanse co meta Raúl. Na outra área os lirachos pediron un penalti nun córner, pero si sinalou un na área liracha, que o capitán Ceide aproveita para recurtar. Houbo aínda algunha ocasión máis pero o choque quedou así para a volta.

Oza - Soneira (1-4)

  • Oza: Brais, Moreno, Isac, Kuki, Raúl, Alex Freire, Iago Lavandeira, Archi, Nacho Pose, Hugo Fraga e Abib. Tamén. Edu, Nico, Diego, e Casais.
  • Soneira: Martín, Javi, Senra, Héctor, De la Sierra, Cachi, Quilmes, Richi, Oreiro, Brais Pereira, Vía. Tamén; Dono, Yuyo, Iago, Dani Costa e Adrián Sendón.
  • Goles: 0-1, m.20: Richi; 1-1, m.39: Raúl de falta; 1-2, m.48: Vía de penalti; 1-3, m.61: De la Sierra de falta; 1-4, m.64: Vía de penalti.

Partido máis igualado do que se ve no marcador, cun Oza que fixo un gran partido pero se viu moi mermado na segunda, polas expulsións no primeiro tempo. O Soneira saía moi serio, intentando ter o balón en todo momento, e nunha combinación que acaba con centro de Javi Oreiro e que Richi mandaba un pase a rede marca da casa.

Á media hora chegaba a primeira expulsión, por doble cartón, de Isaac. A pesar de quedar con 10 o Oza non se viu abaixo e empatou por medio de Raúl. Pero xusto antes do descanso Hugo Fraga tamén era expulsado por vermella directa, deixando con 9 aos carballeses durante toda a segunda metade. Moito malestar nos carballeses que tamén vían como o adestrador Michel foi expulsado tamén por vermella directa.

O Soneira impuxo na segunda a súa calidade, e con dous penaltis e unha falta directa mioi fermosa de Dela, que volvía aos campos despois de 3 meses, lideraba a un equipo moi novo, con xogadores como Héctor, central aínda cadete, ou Javi Lema, medio centro de primeiro ano xuvenil, como protagonistas.

Con todo, dende Oza espera que se recuperen os lesionados tras un choque, así como unha nena afeccionada do Soneira que sufriu un balonazo.

Máis novas

Comentarios