Sábado. 27.07.2024
El tiempo

FUTFEM: Ponteceso e Bergantiños B loitarán na promoción de ascenso a 2ª Galega

Ponteceso feminino 23-24
O Ponteceeso buscará ascender a 2ª
FUTFEM: Ponteceso e Bergantiños B loitarán na promoción de ascenso a 2ª Galega

Remataron as Ligas do Futfem costeiro. Fixérono cunha xornada algo sosa e coa cabeza posta, por un lado nas vacacións, e por outro, na Copa da Costa, con aínda 4 equipos en liza.

Na 2ª Galega, a Cee e As Miúdas se lle estaba facendo longa a temporada, debido ás lesións e outras moitas circunstancias. O Cee pechaba o curso caendo na casa ante o Orzán B, mentres que as muradás remataban unha malísima temporada, que provoca o seu descenso á Liga da Costa, pero con bo sabor de boca, sacando un empate gracias a un gol de Elba.

O Xallas, aínda vivas nas semis da Copa, empataron a 2, nun choque no que Michelle e Noelia marcaron para as verdes os últimos goles desta magnifica tempada na 2º Division Galega.

O Xallas feminino cos Benxamins
Xogadoras co Xallas cos Prebenxamíns e Benxamíns do club

Xa na Liga da Costa, na 3ª Galega as protagonistas da campaña, as xogadoras do Dumbría, demostraron que xa deberían ter xogado esta temporada na categoría superior de non ser por un sistema de tolos na integración da nova categoría ao final da temporada pasada, no que se tiveron que xogar unha categoría a un partido. As de Santi Lira remataron a liga (seguen nas semis de Copa) cun empate a 2 no Cubaleiro, ante un Corcubión ao que tamén se lle fixo costa arriba este final de temporada (eran 11 xustas o domingo), pero que demostrou que se conseguen un pouco de fondo de armario poden competir con calquera. Paula Trinidad e María Castro, as xogadoras máis perigosas das de Rubén Castillo, sorprendían as líderes, pero Kelly conseguía empatar cun doblete na segunda metade.

Dumbria CF Feminino abril 2024
As campionas do Dumbría

A promoción

Queda todo pendente da Promoción de Ascenso, pero que chega con novidades. Ponteceso e Corme serían os teóricos participantes do grupo costeiro, ao ser os dous equipos que rematan o curso empatadas a puntos, na 3ª e 4ª posición. Queda o Ponteceso por diante pois venceu 0-3 no Cairo na segunda volta, se ben o Corme vencera 1-2 no Pinguel. O cadro de Curro, que tamén está a completar unha temporada sensacional (caeu na Copa ante o Dumbría na quenda de penaltis, remataba a liga cun empate a 3 ante un moi mellorado Bergantiños B.

O Ponteceso participará nunha fase na que loitarán co Orillamar e Almeiras (pronto saberemos como é o formato), pero o Corme renunciou a participar na Promoción, igual que fixeron Muxia e Mazaricos. Deste xeito, será o Bergantiños B o que participe nesa promoción, malia que o club aínda non quere confirmar a nova.

Capis do Bergantinos B e do Ponteceso
Capis do Bergantiños B e do Ponteceso co colexiado Alberto Pombo Parga no Pinguel

Repaso á Liga

Facendo repaso da Liga, hai que falar do Corme de Rubén Souto. Malia acabar cunha serie de 4 xornadas sen gañar (descansaba xusto esta última xornada), aínda segue vivísima aínda na Copa da Costa, demostrando que está a facer unha primeira temporada absolutamente incrible.

Polo demais, cómpre destacar a evolución deses equipos que se estrearon na categoría nesta temporada. Por exemplo, o Muxía, que remata 4º tras facer unha primeira metade da temporada excepcional. As de Congui e Isma Márquez acusaron a lesión de Barca e perderon o tren da promoción, pero demostraron que serán un equipo a bater nas vindeiras campañas, se seguen contando coas veteranas Patri Romaní e Barca, dúas das mellores xogadoras da Costa.

Remataron cun empate a 2 ante o Mazaricos, outro dos equipos relevación da temporada. As de Rachón competían por primeira vez en F11 e demostraron estar ao máximo nivel, capaces de pelexar coas de arriba. Patri Romaní e Andrea Dom. adiantaban ás muxiás e Raquel e Lúa empataban no treito final

Mazaricos CF Feminino maio 2024
Mazaricos CF 

Máximo mérito para as Escolas Juan Cabrejo de Camariñas, que na súa primeira temporada demostraron tamén unha evolución fantástica. As de Cabrejo e Pepucho rematan 7ª, vencían 3-1 a un Nicrariense que acababa a temporada coa frecha para arriba, gracias aos tantos de Rocío (2) e Elena.

Na zona de arriba, antes da fenda, queda tamén o Corcubión, na 8ª praza, tamén na súa primeira temporada no mundo do F11.

O Cerqueda de Dani Reixía, en proceso de transición e formación, remata con 18 puntos, tras caer ante o filial de Noia.

O Cabana e o Fisterra son a demostración do potencial que ten o noso fútbol. As cabanesas de Jose Manuel remataban a tempada cunha goleada ao Dubra, nunha segunda metade de ciclón. Marcaron Alejandra (2), Isabel (2), Adriana e a pichichi Irene.
Pola súa parte, o Fisterra de Fran caía na casa ante o Outes, outro dos equipos novatos, nun partido de ida e volta, que empezaba co dominio local e os goles de Paula, Lucía e Xaira. Pero as de Dani rompían o seu maleficio co gol e lle daba a volta ao marcador con 4 tantos (levaban 5 en toda a temporada), unha de Sole e 3 de Laura Lires.

Outes FC Feminino 2023-2024
Xogadoras do Outes FC celebrando a súa vitoria do ano en Ara Solis

Pendentes quedamos pois da Copa da Costa, pero damos os meirandes parabéns aos clubs da Costa. O ano que vén contarán, alomenos, cun club novo e que se vaian preparando pois terán sorpresa en forma de cromos.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios