Domingo. 16.06.2024
El tiempo

A Selección da Costa Sub11 será recoñecida na Gala do Fútbol da Costa-QPC

Seleccion da Costa sub11 na Torre 2024
A Selección da Costa sub11 na Torre
A Selección da Costa Sub11 será recoñecida na Gala do Fútbol da Costa-QPC

Seguimos debullando algúns dos 40 premios que imos entregar o vindeiro 7 de xuño na IX Gala do Fútbol da Costa - QPC. Se a meirande parte son escollidos por votación (os principais de Mellor Equipo, Adestrador, Xogador/a…), e outros danse por méritos propios (os pichichis e Premios Pombo), hai algún que escolle o equipo QPC pola súa trascendencia histórica.

E a consecución do Campionato Galego de Seleccións Comarcais conseguido pola Selección da Costa sub 11 en marzo é un fito histórico para o Fútbol daa Costa. Un título que confirma que a Costa da Morte está na vangarda na revolución do Fútbol Feminino, e niso creo que QPC ten moito que dicir, co seguemento e promoción do noso fútfem dende o seu comezo, ou iniciativas como o primeiro álbum de fútbol feminino da historia do estado.

 

Seleccion da Costa sub11 2024

O equipo estivo dirixido polos xalleiros Eloy García Feteira e Andrea Barbeira (xogadora do Xallas e colexiada, ademais).

Nesta foto podemos ver, de esquerda á dereita, na fila de arriba, escoltadas por Andrea e Eloy a: Jimena (Carnota), Noa (Zas), Sara (Zas), Lucía (Outes), Claudia (Corme); e Valentina (Dumbría).
E na fila de abaixo Sabela (Sofán), Martina (As Miúdas), Claudia (Cee), Carla (Outes), Laura (Zas), e Marina e Vega (Cee).

Faltan en todo caso, varias xogadoras que tamén participaron en adestramentos e noutras fase como Mara do Mazaricos, Noa do Muxía e Antía de Corme.

Esperamos contar con todas elas para facerlles entrega do Premio.

Máis novas

Comentarios