Xoves. 25.04.2024
El tiempo

EFM Vimianzo e EF Corcubión, campións provinciais de Futsal

Corcubion campion Provincial LCFS
O EF Corcubion, campión Provincial de fútbol sala Infantil
EFM Vimianzo e EF Corcubión, campións provinciais de Futsal

Este sábado disputábanse no pavillón de Curtis, as fases finais provinciais de Fútbol Sala nas categorías Alevín e Infantil. Trátase da máxima competición, pois non hai campionato autonómico, o que dá conta da potencia da nosa canteira, pois tanto o EFM Vimianzo Alevín como o EF Corcubión Infantil proclamábanse campións provinciais.

O alevín vimiancés foi unha auténtica máquina goleadora, gañando nas semis ao Frades, 9-3 e repitiendo vitoria na final ante Curtis, por 5-8. O grupo, dirixido polo incombustible Paco Oreiro, está formado por: Brais, Daniel, Gael, Pablo, Mateo, Doudou, Xabi, Xoel e Borja.

Os corcubioneses, dirixidos por Carlos Pazos, vencían nas semis a Curtis por 6-2, e xa na final ao E.D.M. Frades por 7-4. O equipos está formado por David, Juan Manuel, Mauro, Arturo, Iago, Adrián, Valentín, Uxío, Gael, Mario e Juan Emilio.

Menos sorte tiveron os muradáns dos Miúdos, dirixidos por Juanjo e Bibi, que caían nas semis ante Frades por 6-4, despois de ir gañando boa parte do partido por 4-0.

Vimianzo Campion Provincial LFFS
O EFM Vimianzo

 

Novas relacionadas

Comentarios