Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Entre a sorpresa e a normalidade

Entre a sorpresa e a normalidade
Dumbría e Baio, campións de Primeira e Segunda, buscarán remontar as derrotas sufridas o pasado domingo ante Malpica e Baíñas, respectivamente; o Ponteceso e Fisterra parecen ter un colchón propicio Os Dumbria-Malpica son un clasico copeiro. Na imaxe, o corcubionés Brais Lado xogando a final de 2010 coa camisola dumbriesa ante o capi do Malpica naquel entón, Marcos Amado Os Dumbria-Malpica son un clasico copeiro. Na imaxe, o corcubionés Brais Lado xogando a final de 2010 coa camisola dumbriesa ante o capi do Malpica naquel entón, Marcos Amado A Copa da Costa de verdade comezou o pasado domingo con catro enfrontamentos que non defraudaron, e sobre todo que non deixaron nada resolto de anteman, como si sucedera nos bochornosos oitavos. De feito, o torneo do KO, as sorpresas e a ilusión están contra as cordas dous campións que semellaban imbatibles e que, se cadra, están a pagar o esforzo do título. No Conco, o gran favorito, o Dumbría, ten que darlle a volta ao 2-1 acadado polo Malpica na Pedra Queimada. Hai dous factores que poden facer a cita radicalmente oposta: o regreso do goleador Adrián nas filas do vencedor da Primeira Galega, e a dependencia do talento e a inspiración de Brais Lado que están a amosar os bergantiñáns. O extremo, iso si, xa manifestou o seu desexo de facer algo grande na que durante moitos anos ten sido a súa casa. Por Xaviña, en Buño, reeditarase o que foi un moi intenso derbi entre Cerqueda e Ponteceso. Os locais teñen un 3-1 do que repoñerse, e unha barreira histórica nos cuartos de final do torneo do KO. A pegada e o desequilibrio dos de Barca foi fundamental no primeiro choque. O que está garantizado, seguro, será o ritmo entre dous que se coñecen á perfección. Peligra tamén a continuidade do Club Deportivo Baio, flamante vencedor da Liga da Costa e que sufriu no primeiro cruce o momento de forma dun Baíñas con experiencia e individualidades. Os vimianceses, que non poderán contar con Pablo Muíño, gozan ademais de certa superioridade física como evidenciaron no Municipal. Máis decantado parece o Camariñas-Fisterra, especialmente pola falta de efectivos dos palilleiros a solvencia dos verdes, que salvaron a cita da ida nos últimos minutos. Por outra banda, o San Lorenzo viaxa á capital santiaguesa para enfrontarse a un Belvís clásico nestas loitas polo ascenso e con bastante fortaleza física.

Copa da Costa, Volta de cuartos

A Copa da Costa afronta a volta de cuartos  

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3

O San Lorenzo segue na loita polo ascenso  

Fase de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

O Xallas, a gran esperanza costeira  

Copa da Costa Infantil

A Copa Infantil, na recta final

Copa da Costa de Veteranos

 

Máisinformación

     

Comentarios