FF: A canonazos
07:03 20/03/18
Choque das Miudas contra o Union-Foto-Chema Caamaño
Nova xornada para as nosas bravas futboleiras carballesas e muradáns, que seguen en zonas cómodas nesta temporada. Non foron os mellores resultados pero as nosas demostran que seguen competindo con todas as rivais.
Mentres, as Miúdas seguen preparando o seu emotivo Día da Nai.
2ª División, Grupo 2, xornada 16
- Resultado: Os Miúdos - Unión (1-1)
- As Miúdas: Julia, Paula, Gala, Isa, Martina, Leti, María, Bárabara, Marta, Eva e María Dosil. Entraron: Sara Cubelo, Yaiza, Iria, Lucía e Irea.
- Goles: 0-1, m.50; 1-1, m.60: Gala.
Gala marcou outro golazo cas Miudas-Foto-Chema Caamaño
Chegaban as do Unión empatadas a 27 puntos coas costeiras ó Eleuterio Balayo no que se presumía un duelo de igual a igual, e non defraudaron. O xogo desenvolvíase na parcela central con dúas defensas ben plantadas coas Miúdas ententando entrar combinando e as de Rianxo tentaban buscar ás costas das zagueiras locales. A mellor ocasión da 1ª parte foi para as de Muros, que entraron combinando por medio de Leti e Eva e o remate final coa presión da defensa de Rianxo enriba acabaría co balón petando no longueiro.
Moito músculo e pouco xogo, moita defensa e pouco ataque nos restantes minutos do primeiro tempo, ademais dunha xogada de fóra de xogo algo discutida.
Nada máis comezar a segunda, e na súa primeira aproximación á meta local, o Unión adiantábase. O gol espoleou ás Miúdas, que pronto empataba Gala cun canonazo por riba da meta visitante. Tivo ocasións para levar o partido o equipo muradán, con varias chegadas de Bárbara, pero tamén o Asados inquedou a unha fenonemal Julia.
[video width="320" height="576" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/03/20/Gol-de-Gala-para-as-Miudas.mp4"][/video]
Un merecido empate para dous equipos de bravas, que non se viu empañado pola discutida actuación arbitral, que acusan dende os banquiños de exceso de protagonismo ata o punto de obrigar a expulsar a unha gaviota do terreo de xogo.
A Miuda María Dosil ante o Union-Foto-Chema Caamaño
2ª División, Grupo 1, xornada 20
- Resultado: Bergantiños - Orzán (0-3)
- Bergantiños: Lucía, Rabuñal (Eva, m.70), Sabrina, Seo, Paula, Alejandra (Canosa, m.46), Torrado (Cambón, m.74), Noe, Lorena, Tamara ( Lydia, m.81), Isa.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas.
- Loita na zona morna.
- Doble 3-0 e para casa.
- Sufrindo na adversidade.
- Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta.
- A calidade esteirá.
- Sextas.
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- De tal Nai, tal Miúda.
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).