FF: A falta de experiencia


Acusaron esta fin de semana os equipos costeiros do fútbol feminino a falta de experiencia. Se As Miúdas debutan este ano na competición, o equipo do Bergantiños é tremendamente novo. Cousas que se notan en momentos como os desta fin de semana.
Volvían competir as Miúdas, algo que non facían dende o 18 de marzo, tras un mes de incomprensible parón. Pero a volta á realidade foi máis dura do merecido, pois sufriron unha derrota que non se deu por falta de argumentos, senón por falta de serenidade para xogar co criterio habitual. Ademais, a lesión de Julia confirmou que non era o día das Miúdas...
A falta de experiencia volveu pasarlle factura ás de Gueli que volveron perder un novo partido, desta volta ante o Silva, no desconto. As bergantiás baixan ata a 10ª praza.
2ª División, Grupo 2, xornada 19
- Resultado: Santiso - Os Miúdos (2-1)
- Julia, Paula, Gala, Isa, Martina, Laura, María, Leti, Bárbara, Marta e Eva. Tamén xogaron: Pati, María Dosil, Irea e Lucía.
- Goles: 1-0: María presiona e o despexe rebota no seu pé e entra; 1-1 (descanso); 2-1.
Comezou o partido co vento encontra para as muradás, algo que favoreceu o estilo das de Santiso con balóns en longo que xogaron case que toda a primeira metade no campo das de Muros. Con todo foi María a que abría o marcador para as miúdas tras presionar un despexe das locais. Era Julia a protagonista da primeira metade facéndose con solvencia con numerosos balóns altos.
Antes do descanso, dous córners consecutivos poñían ás miúdas en apuros, demostrando que ás veces a falta de concentración provoca situacións de perigo. Acabou marcando o cadro local tras varias paradas de Julia e varios rexeites, poñendo ás táboas no marcador para ir aos vestiarios.
Non melloraron as miúdas, máis apáticas que outros días, na segunda. As locais apoveitaban a mala defensa visitante para marcar tras outro córner.
Non era o día das Miúdas. Algo que confirmaba a lesión de Julia, tras un choque cunha compañeira. Unha escordadura de nocello que a terá apartada dos campos varias semanas.
2ª División, Grupo 1, xornada 23
- Resultado: Silva - Bergantiños (3-2)
- Bergantiños: Luci, Cambón (Rabuñal 75), Sabrina (Eva 70), Seo, Paula, Lore, Torrado (Ale 80), Lijó, Noe (Isa 45), Tamy e Lucía Canosa
- Goles: 1-0; (descanso); 1-1: Tamy; 1-2: Lijó; 2-2; 3-2.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- A canonazos.
- O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas.
- Loita na zona morna.
- Doble 3-0 e para casa.
- Sufrindo na adversidade.
- Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta.
- A calidade esteirá.
- Sextas.
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- As nais, unhas Miúdas máis.
- De tal Nai, tal Miúda.
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).