FF: A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar


Fin de semana reivindicativo nos campos do Fútbol Feminino Galego. Non fallaron as costeiras que se vestiron para a ocasión.
Chegou a primeira vitoria a domicilio das Miúdas na Estrada ante un dos equipos que pecha a clasificación. 3 puntos que deixan ás de Fran Figueroa nunha máis que cómoda 7ª praza, con 12 puntos, a apenas 4 do 2º posto de promoción de ascenso. Soñar, polo de pronto, é de balde.
Mentres, o Bergantiños non puido facer nada antes as líderes do Gr.1, o Imperátor. As de Gueli fican na zona morna da clasificación.

2ª División, Grupo 2, xornada 7
- Resultado: At. Estrada - Os Miúdos (0-4)
- As Miúdas: Julia, Yaiza, Paula, Antía, Martina, Laura, Irea, Bárbara, Leti, María e Iria. Tamén: Isa, Gala, Eva, Marta e María Dosil.
- Goles: 0-1, m.35: Bárbara a pase de Leti; 0-2, m.59: María Dosil; 0-3, m.70: Bárbara de vaselina; 0-4, m.84: Marta.

Empezada o choque marcado pola desorganización, pero así e todo xa se vía vir o resultado final, pois Bárbara facía moito dano en ataque dende o primeiro minuto. Sería no minuto 35 tras unha xogada levada en banda por Leti cando Bárbara non perdonaría poñendo o 0-1 coa punteira co que se chegaría o tempo de descanso.
Xa na reanudación e coas liñas ben marcadas, o dominio sería total das visitantes xogando case que toda a 2ª parte no campo rival e entrando con perigo polas bandas, ademais sumando as numerosas subidas das centrais Antía e Martina. Así no minuto 59 a recién entrada no campo María Dosil conseguiría o 0-2 resolvendo unha xogada na area despois de unha galopada pola banda de unha Gala, que se está destacando como lateral nos últimos encontros pero que lle gusta pisar campo contrario.

As locais terían a súa mellor ocasión nun libre directo ao borde da area de Julia, pero o forte disparo marcharía a escasos metros da escadra Miúda. Foi Bárbara a que non perdonou facendo o seu doblete particular cunha bonita vaselina trala saida da porteira da Estrada que nada pudo facer ante o golazo da “pichichi” costeira. Puido María Dosil tamén facer doblete pero foi Marta a que non perdoou poñendo o 0-4 definitivo.
Pola tarde, para celebrar a vitoria, as Miúdas foron invitadas polas súas “madriñas” do Depor ABANCA para presenciar o seu partido en Ponte dos Brozos ante o Sporting de Xixón.
Tócalles ahora preparar o encontro fronte un Antas SD que lidera a categoría e visitará o Eleuterio Balayo no próximo domingo.

2ª División, Grupo 1, xornada 9
- Resultado: Imperátor - Bergantiños (4-0)
- Bergantiños: Lucía, Piroja, Eva, Torrado, Paula (Sabrina, m.70), Lore, Noe, María (Nerea, m.60), Isa (Lydia, m.55), Tamara (Fariña, m.70), Laura Cambón (Seo, m.55).
Demasiado abultado o marcador para o partido que se viu na Coruña. As carballesas fixeron unha boa primeira metade, permitindo apenas unha ocasión de gol ás locais, gracias á forte intensidade defensiva imposta polo equipo de Gueli. A única ocasión clara aproveitaríana as coruñesas para adiantarse no marcador ao anotar Aroa unha falta desde 25 metros. Tamara tería o empate nas súas botas pero o seu lanzamento saíu fóra por pouco. Poucas ocasións máis na primeira parte.
Trala raenudación, o esforzo defensivo da primeira parte fixo mella, e novamente Aroa fixo o segundo gol. A 20 minutos do final chegaba o terceiro e o cuarto case co pitido final.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).