Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FF: Doble 3-0 e para casa

FF: Doble 3-0 e para casa
Choque do Bergan Feminino na Coruña ante o Vioño Choque do Bergan Feminino na Coruña ante o Vioño

De volta para casa sen premio e con 3 goles no peto. Así voltaron as familia das Miúdas e do Bergantiños feminino da mala xornada.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 13

  • Resultado: Victoria C - Os Miúdos (3-0)
  • As Miúdas: Julia, Paula, Gala, Laura, Antía, Bárbara, María, Sara Cubelo, Eva, Marta e María Dosil. Tamén xogaron: Pati, Yaiza, Natalia, Melody e Irea.

Chegaban as Miudas a Santiago con numerosas baixas en tódalas liñs e con 6 integrantes do 11 inicial xa xogaran pola mañá o partido de fútbol sala co Atletes en Vedra. Ademais a cousa xa se puxo costa arriba dende o primeiro minuto cando as locais se adiantaron cun balón ás costas da defensa.

Tentaban as da Costa posicionarse no campo para intentar buscar ás xogadoras de diante, pero nin Bárbara nin Sara conseguían esa profundidade que soían ter outros días con máis frescura, incluso abusaban de conducións que cortaban unhas xogadoras locales que lanzaban contraataques continuos en longo que algunha vez conseguían sorprender á improvisada defensa muradana, así nun deses balóns, Antía non consigue despexar e o Victoria ponse co 2-0, premio á súa insistencia. Na outra area, María Dosil, Marta e Eva non conseguían apenas inquietar á porteira local. O cansancio e a impotencia podían coas nosas que se marchaban con ese resultado o tempo de descanso.

A dosis de estiramentos e de amor propio das “rossinegras” fixo que sairan algo mellor posicionadas na 2ª parte, pero non tardaron en aparecer os calambres nas xogadoras que se encargaban do peso ofensivo no día de onte, así María tivo que pedir o cambio cando non ían nin 10 minutos da reanudación, e volta a reorganizar o equipo, Bárbara e Sara Cubelo, tirarían de mais orgullo que físico para abarcar a zona central e lanzar algunha contra, pero ata onde chegaban as forzas, Laura aguantou o partido como pudo, Antía, xogando con un tobillo tamén lastrado, tirou de brazalete para que as nosas non se viñeran abaixo e plantar cara a unhas boas rivales que non deixaron de buscar a portería de Julia. Topárona no minuto 67 para finiquitar o encontro, que para as muradanas era case unha tortura, así e todo, non deixaron de poñer cara para defender xuntiñas e tentar a sorte en algún dos poucos acercamentos que tuvemos./p>

E así se remataba, cun mal resultado pero con unha peor bagaxe en forma de lesións que crea serias dudas para formular na semana vindeira un equipo competitivo ante o Xunventude Aguiño.

 

2ª División, Grupo 1, xornada 17

  • Resultado: Vioño - Bergantiños (3-0)
  • Bergantiños: Xogaron: Lydia, Rabuñal, Sabrina, Seo, Paula (Laura 60), Lore, Noe, Torrado, Isa ( Eva 65), Lijó e Lucía Canosa.

As baixas por lesión e por enfermidade mermaron ao equipo na súa visita ao campo do Vioño. A primeira parte foi bastante igualada e con ocasións para os dous conxuntos, pero Silvia acertaría para as locais no minuto 29. Lijó estivo preto de empatar para o Bergan pero o seu disparo saíu fóra por pouco.

Na segunda parte o cansazo fixo mella nas xogadoras de visitantes, que se viron superadas polo poderío ofensivo das coruñesas. Os dous goles locais chegarían a pouco da reanudación, pero as carballesas disponrián dalgunha ocasión clara para reducir distancias no marcador pero sen demasiado acerto.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios