Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FF: Dúas vitorias para disfrutar

FF: Dúas vitorias para disfrutar
As Miudas contra A Estrada-Foto-Chema Caamano As Miúdas contra A Estrada-Foto-Chema Caamaño

Doble vitoria costeira esta fin de semana na 2ª División Feminina.

Necesitada vitoria a que conseguía o Bergantiños, ademais ante un dos equipos da zona alta, logo dos dous últimos partidos nos que se nos escaparon os puntos nos minutos finais.<(p>

Ademais, as Miúdas golearon a un Estrada que chegou en cadro.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 20

  • Resultado: As Miúdas - At. Estrada (12-3)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Isa, Gala, Martina, Laura, Antía, Bárbara, Leti, María e Mara Dosil. Tamén xogaron: Marta, Lucía, Pati, Natalia e Sara Cubelo.
  • Goles: Leti, Bárbara (8), Pati, Mara Dosil e Laura polas de Muros e María Vanesa (3) para as da Estrada.
As Miudas contra A Estrada-Foto-Chema Caamaño

Con só 11 xogadoras chegaban as da Estrada a Muros. E pouco durou o envite, pois aos 10 minutos xa Leti abría o marcador, e Bárbara, actuando como referencia máis adiantada, conseguía anotar na sua conta 4 goles antes do minuto 25 froito dunha presión adiantada que apenas deixaban entrar as estradenses no campo das “rossinegras”. Despois de varios intentos Mara Dosil conseguiría o seu buscado gol marchando de 2 rivales e definindo por baixo no minuto 25.

Recurtaba distancias María Vanesa 2 minutos máis tarde nunha xogada na que se aproveitou da pasividade defensiva da zaga e da debutante no arco local Yaiza, e nun libre directo no que o árbitro puido pitar penalti por un derribo a destempo de Gala, a propia María Vanesa poría o 6-2. Antes do descanso unha inmensa Bárbara faría 2 tantos máis deixando claro que era seu día en canto a efectividade, ainda que desperdiciou varias ocasións de man a man por intentar dar o balón as compañeiras que estaban en posición de fóra de xogo.

A pouco do inicio, a recén entrada Pati despois dunha boa presión na saida das zagueiras visitantes, roubáballe a carteira a porteira e definía tras regateala a porta valeira. No minuto 70 noutro libre directo sorprendía a Yaiza por alto a mans dunha María Vanesa que facía o seu triplete particular a pesares do cansancio pola esixencia do bo partido das muradanas. E de ahí o final destacar 2 boas intervencións de Yaiza demostrando a valentía coa que colleu o puesto de porteira pola baixa de Julia, e 2 goles máis dunha Bárbara desatada e a guinda co definitivo 12-3 obra de Laura que o tiña intentado sin sorte en outras 2 ocasións anteriores atopándose a unha porteira da Estrada que evitou unha goleada ainda maior a pesares de xogar con moitas molestias nos últimos minutos.

Salientar o bo facer das estradense, sin perder a cara a pesares do resultado e sin perder a intención de querer disfrutar do partido en todo momento.

   

2ª División, Grupo 1, xornada 24

  • Resultado: Bergantiños - Imperátor (3-2)
  • Bergantiños: Luci, Rabuñal, Sabrina, Seo, Paula (Fariña, m.70), Lore, Torrado, María, Noe (Cambón, m.75), Tamy (Lydia, m.80) e Canosa (Isa, m.55).
Bergantinos feminino copia Bergantiños feminino trala vitoria

Grandísimo partido das mozas carballesas para gañar a un do equipos que loita polos postos de ascenso. O equipo loitou con carácter ata o final para darlle a volta ao marcador. Empezou o partido cun Imperátor dominante co balón pero que se atopaba cun bo Bergantiños esperando atrás e buscando rápidos contraataques coas súas xogadoras mais ofensivas. O bo posicionamiento defensivo das locais desbarataban todo achegamento ofensivo das coruñesas. Tamy facía o 1-0 ao finalizar un man a man coa porteira, tras un bo contraataque. Sen demasiadas ocasións chegábase ao descanso.

Trala reanudación as visitantes saíron en tromba para intentar darlle a volta ao marcador. Lucía empataba de penalty con algo de fortuna e Aroa facía o 1-2 tras un bo disparo desde a frontal. As xogadoras de Gueli non se virían abaixo e adiantaban filas en busca do empate, gol que conseguía María, no minuto 80, cun dos seus característicos golpeos desde a distancia. O Imperator intentaríao nos minutos finais para gañar o partido, pero Isa aproveitou outro contraataque para facer o definitivo 3-2 no desconto.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios