FF: "Non estás soa"


Emotiva xornada esta para os equipos femininos da Costa da Morte, compuxidos pola sentenza da Manada, que mesmo fixo saír a rúa a milleiros de mulleres en todo o país a semana pasada. Así o demostraron as Miúdas, que ao remate do seu partido en Antas de Ulla, sacaron esta foto-protesta co lema “non estás soa”, cun tio que fixeron as propias xogadoras para apoiar a nena “violada”, si, violada, nos San Fermíns, por esa manda de desalmados, demostrando que sentenza xudicial vai máis retrasada que a propia sociedade.
No deportivo, doble derrota que non impide comprobar a gran tempada dos dous conxuntos costeiros.
2ª División, Grupo 2, xornada 21
- Resultado: Antas - As Miúdas (2-0)
- As Miúdas: Yaiza, Paula, Gala, Isa, Martina, Laura, Antía, Leti, Bárbara, Pati e Eva. Cambios: María Dosil, Marta, Melodi, Sara Romero e Irea.

Visitan ás líderes as Miúdas, nunha fría tarde, e demostraron que poden competir con calquera. Con vento en contra na primeira parte as primeiras ocasións serían para as nosas, que nos pés de Bárbara non atoparía porta en 2 remates algo desviados antes de cumplirse o minuto 10. O experimentado equipo local defendíase de forma moi segura e buscaba tras cada recuperación a sua referencia arriba, Nuria que destacouse como a xogadora máis determinante do partido, no minuto 12 aproveitouse dun despiste da defensa “rossinegra” aproveitando un balón en largo para facer o 1-0 tralas dudas para salir dunha Yaiza que, a pesares da inexperiencia entre paus, está demostrando unha valentía enorme nunha nena da súa idade levando só 4 entrenamentos como gardamallas.
Seguía a mesma tónica baixo a chuvia, as Miúdas coas liñas moi xuntiñas máis cerca do campo rival que do propio, con unha Pati inmensa na presión para ter algunha opción arriba, pero a seguridade da porteira en unhas veces e a veteranía das centrales en outras evitaron concretar para o bando costeiro.
Volveríao a facer Nuria para as líderes nunha xogada moi similar o primeiro gol onde desta volta tras plantarse soa ante Yaiza, regateouna con moita sangre fría e furou a rede a porta valeira poñendo o 2-0 que xa sería definitivo.
Na segunda parte xa co clima máis calmado e sin chuvia, as costeiras saíron igual de intensas pero coa idea de combinar máis o balón e sin ningún tipo de complexo.
Cómpre destacar de maneira especial a frescura coa que se amosaron as “novatas” Melodi, Irea e Sara Romero que ata este ano non xogaran o fútbol.
2ª División, Grupo 1, xornada 24
- Resultado: Portazgo - Bergantiños (3-2)
- Bergantiños: Luci, Rabuñal, Sabrina, Seo (Lydia, m.60), Paula (Eva, m.65), Lore, Torrado, Lijó, Noe (Isa, m.50), Tamy e Canosa.
Inxusta derrota do Bergantiños nun partido no que si estivesen máis acertadas de cara a gol, o resultado sería bastante favorable para as carballesas. O partido empezou cómodo para as nosas xogadoras que dominaban e chegaban á portería local con facilidade. Tamy anotaba o 0-1 nunha contra, e o partido parecía que sería de claro dominio das xogadoras de Gueli. Pero pronto empataba o Portazgo nun golpeo desde a frontal. A pouco do descaso o árbitro pitaba unha clara man dentro do área bergantiñana, que Adela aproveitaba para adiantar ao conxunto local. As carballesas terían varias ocasións claras para empatar pero o balón non quería entrar e chegouse ao descanso.
Na segunda parte o Bergantiños saíu en tromba co pensamento de que algunha das innumerables ocasións creadas tiña que acabar en gol. Pero un fallo defensivo provocou o terceiro gol do portazgo. Tamy volvería recortar distancias pouco despois e aínda quedaban 25 minutos para empatar, pero foi un deses días en que "a pelota non quere entrar". Nin Lijó, nin Tamy, nin Isa, nin Canosa, nin Lydia foron capaces ver portería.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- Dúas vitorias para disfrutar.
- A falta de experienciaA falta de experiencia.
- A canonazos.
- O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas.
- Loita na zona morna.
- Doble 3-0 e para casa.
- Sufrindo na adversidade.
- Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta.
- A calidade esteirá.
- Sextas.
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- As nais, unhas Miúdas máis.
- De tal Nai, tal Miúda.
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).