FF: O Bergan volve gañar fóra de casa e as Miúdas tópanse ca pichichi

Unha de cal e unha de area esta fin de semana para as nosas representantes do fútbol feminino. O Bergan recuperaba a senda da vitoria fóra da casa aproveitando a visita ás pechacancelas, mentres as Miúdas, cun equipo de circunstancias, caían ante un Touro que aproveitou o olfato da pichichi da categoría.
A falta de 4 xornadas o Bergantiños fica na 9ª posición con posibilidades de chegar á 7ª praza. Unha 7ª praza que ocupa precisamente o cadro muradán no Gr.2.
2ª División, Grupo 2, xornada 22
- Resultado: Touro - As Miúd@s (5-0)
- As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, Martina, Bárbara, María, Sara Cubelo, Eva, Marta, Natalia e Pati. Tamén xogaron: Melodi, Irea e Lucía.


Con so 14 guerreiras viaxaron ata Touro na calurosa tarde de domingo por mor de lesións e compromisos familiares, ante un cadro local que non quixo cambiar o horario.
Saíron as muradás ben armadas atrás, mesmo colocando á pichichi Bárbara de central, para intentar controlar a unha das mellores dianteiras da categoría. Pero non puido, porque Laura Mosquera aproveitou cada despiste da defensa visitante para marcar os 5 goles cos que se pechou o partido. Leva nada menos que 56 goles a pichichi de Touro, polos 22 de Bárbara, a 4ª máxima goleadora do grupo.
Tardaron en adiantarse ás locasi ata a media hora, pero en 3 balóns ás costas facía un 3-0 que rompía o partido.
Co partido moi decantado e cos ánimos tocados polo esforzo sin premio da 1ª parte, saían as costeiras algo máis intensas, pero sen apenas chegar arriba. As locais sentenciaban.
2ª División, Grupo 1, xornada 26
- Resultado: Torre - Bergantiños (0-3)
- Bergantiños: Lu, Rabuñal, Sabrina, Seo, Paula, Lore, Torrado, Isa (Eva, m.55), Noe (Ale, m.60), Tamy e Cambón (Fariña, m.70)
- Goles: 0-1: Laura Cambón de vaselina; (descanso); 0-2: Tamy; 0-3: Lucía Cambón.
Bo partido do Bergantiños feminino, ante o colista, que se reencontra coa vitoria fóra das Eiroas.
Empezaba o partido coas carballesas presionando intensamente en campo rival e raíz diso chegaba o gol na primeira chegada á portería rival, obra de Laura Cambón cunha bonita vaselina. A goleadora Tamy tamén dispondria dalgunha ocasión para aumentar a vantaja, pero non estaría acertada.
O equipo de Gueli non aproveitaba as súas ocasións e nos minutos finais da primeira parte as coruñesas achegaríanse con certo perigo á portería de Lucía, pero sen marcar gol.
Na segunda parte, o Bergantiños saíu como no inicio da primeira e Tamy, esta vez si, anotaba o 0-2. Este gol sería un duro golpe para o Torre que só chegaba a portería rival nunha ocasión ben contrarrestada pola porteira carballesa Lucía. Cambón facía o seu doblete particular ao finalizar unha bonita contra, e poñía o definitivo 0-3 no marcador.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- “Non estás soa”.
- Dúas vitorias para disfrutar.
- A falta de experienciaA falta de experiencia.
- A canonazos.
- O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas.
- Loita na zona morna.
- Doble 3-0 e para casa.
- Sufrindo na adversidade.
- Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta.
- A calidade esteirá.
- Sextas.
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- Laura Torrado e Marta Calvo, subcampionas galegas coa Coruñesa sub15.
- As nais, unhas Miúdas máis.
- De tal Nai, tal Miúda.
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).