Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FF: O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas

FF: O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas

Permitiu Félix a disputa da xornada da 2ª División Feminina, a pesar de que as xogadoras dos dous equipos non o tiñan nada claro. Ao final saíron á última hora, xogaron coma nunca e conseguiron grandes vitorias.

O Bergantiños rompía unha mala serie de 4 partidos sen gañar e se mantén an 7ª praza, mentres que as Miúdas sumaron a súa segunda vitoria consecutiva ascendendo ata a 6ª praza.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 15

  • Resultado: Carreira - Os Miúdos (0-2)
  • As Miúdas: Julia, Paula, Gala, Isa, Martina, Laura, Antía, Bárbara, Eva, María e María Dosil. Tamén xogaron: Marta, Natalia, Irea, Yaiza e Melody.
  • Goles: 0-1, m.15: Gala; 0-2, m.43: Bárbara.
Antia A capi das Miudas en Carreira-Foto-Pati Antía, a capi das Miúdas en Carreira-Foto-Pati

Sabíanse favoritas as muradás ante o Carreira e non se amilanaron. Xa dende o comezo saíron a dominar o balón, contando coa volta de Martina en defensa, que permitía recuperar a seriedade.

O partido desputábase preto da área local pero as de Fran non conseguían romper a igualada inicial ata que foi Gala, cun fermoso e sorprendente libre directo, bastante escorado, a que abría a lata. As locais só intentaban facer dano da man súa capi, Ruth, pero as miúdas estaban moi serias, con Julia moi adiantada e pendiente de cortar os balóns as espaldas da defensa “rossinegra”.

Tras varios intentos, a pichichi Bárbara reencontraríase co gol a 2 minutos do descanso nunha xogada colectiva na area que a de Esteiro con rabia machacou a rede, poñendo o 2-0 merecido polo dominio sobre o verde.

Na segunda non houbo apenas sobresaltos, para deixar unha gran vitoria chea de compromiso, por esa incertidume ata o final coa suspensión da xornada nas Ligas da Costa pero non para os equipos femininos.

 

2ª División, Grupo 1, xornada 19

  • Resultado: Orzán B - Bergantiños (0-4)
  • Bergantiños: Lucía, Lara Rabuñal, Sabrina, Seo, Paula, Lorena, Noelia (Alejandra, m.50), María (Torrado, m.59), Isa (Lydia, m.71), Tamara, Laura Cambón (Eva, m.63).
  • Goles: 0-1, m.3: Tamara; 0-2, m.10: Tamara; 0-3, m.38: Noelia; 0-4, m.48: Noelia.
O Bergantinos de Gueli na Torre O Bergantiños de Gueli na Torre

Boa primeira dun Bergantiños que saíu ao campo con ganas de retomar a senda da vitoria tras 4 partidos sen conseguilo. E dende o comezo saíron as de Gueli a por todas, e xa no minuto 3 a dianteira Tamara soubo aproveitar un man a man e facer o 0-1. As locais apenas crearon ocasións de perigo sobre a portería que defendía Lucía.

As carballesas estaban ben ordenadas no campo creando ocasións con perigo, combinando ben, e así foi que no minuto 10, outra vez a dianteira Tamara tivo outro man a man e puxo o 0-2 no marcador. Non acertou o conxunto herculino para recurtar é nunha contra levada por Laura Cambón en banda dereita, Noelia sentenciaba co 0-3.

Na segunda parte os dous equipos baixaron a intensidade e o ritmo baixou bastante. Malia iso, Noe facía o 0-4 e puxo aínda máis calma no marcador.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios