Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FF: Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta

FF: Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta

Rematou a primeira volta para os dous equipos de fútbol feminino da bisbarra. E malia que os resultados non foron os mellores, non se pode máis que parabenizar tanto a muradás como a carballesas deste gran comezo de tempada.

As Miúdas non puideron co poderoso Betanzos e se manteñen nunha cómoda 6ª praza, nun grupo de 6 equipos metidos en apenas 2 puntos.

Pola súa parte o Bergantiños non pasaba do empate ante o Eirís, equipo da súa mesma zona morta, e cae á 8ª praza.

Tócalles agora unha semana de descanso polos choques da Selecció Galega, para recargar baterías.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 12

  • Resultado: As Miúdas - Betanzos (0-4)
  • As Miúdas: Julia, Yaiza, Paula, Isa, Antía, Laura, María, Leti, Bárbara, Eva e María Dosil. Entraron na 2 parte: Pati, Iria, Melodi, Sara Romero e Irea.
Fran Figueroa coa Miudas Fran Figueroa coa Miudas

Derradeiro partido da primeira volta das Miúdas ante un Betanzos que chegaba na parte alta. E así o demostrou no Eleuteiro Balayo dominando dende o principio achincando ás Miúdas no borde da súa Área. Aínda así aguantaban as de Fran Figueroa ata que aos 12 minutos abrían as visitantes o marcador. Un gol que empurrou ás muradás que adiantaron a defensa, conseguindo atacar con máis criterio e incluso plantarse en 2 ocasións diante da porteira betanceira, a primeira de Bárbara que enviaría alto e a segunda nun man a man de Leti que a porteira despexou caendo de novo los pes de Barbara que algo escorada non puido definir con claridade. Cando máis achuchaban as locales no campo rival, chegou o mazazo do 2º gol nunha rápida contra ás costas das Miúdiñas que non vían premio os mellores momentos de xogo local. Bárbara creouse outra boa ocasión pero disparou frouxo.

A segunda foi máis igualada pero sen tempo para que as locais remontasen. Agora toca descansar para recuperar efectivos.

 

2ª División, Grupo 1, xornada 15

  • Resultado: Bergantiños - Eirís (1-1)
  • Bergantiños: Lucia, Rabuñal, Torrado, Seo, Paula, Lore, Noe, María, Isa, Tamy e Lidia. Tamén xogaron Eva, Cambón, Fariña, Nerea e Sabrina.
Fría mañá nas Eiroas para as de GUeli

Bo partido o disputado entre dous equipos moi competitivos, que brindaron un bonito espectáculo aos espectadores que se achegaron ao campo das Eiroas na fría mañá de inverno. Na primeira parte dominaron máis as visitantes pero sen crear demasiado perigo na portería de Lucía. As xogadoras de Gueli estaban ben situadas atrás e buscaban saír en perigosos contraataques. Mediada a primeira parte, o Eirís adiantouse no marcador tras unha indecisión da defensa local. Con poucas ocasións e moita igualdade chegouse ao descanso.

Trala reanudación as carballesas adiantaron filas e saíron a presionar máis arriba. Tamara dispoñería dun par de boas ocasiones pero non estaría acertada. Sería María a que empatara o partido cun disparo cruzado desde a frontal do área. Co empate no marcador ningún equipo facíase co dominio do partido, malia haber algunha que outra ocasión non demasiado claras. Nos minutos finais os dous equipos buscaron o gol con máis énfasis pero as defensas e sobre todo a porteira do Eirís mostrábanse moi seguras.
Con este resultado finaliza unha primeira volta excelente para Bergantiños. O próximo fin de semana non haberá xornada debido ao parón pola selección galega.

O Bergantinos feminino animou a Jessy O Bergantiños feminino animou a Jessy  

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios