FF: Sextas

Quedan Bergantiños e As Miúdas nunha comodísma 6ª praza dos seus grupos da 2ª División, trala disputa desta segunda xornada de ano. Sorte dispar para as nosas, que non fixeron un bo partido, pero os puntos quedaron en Carballo pero marcharon de Muros.
2ª División, Grupo 2, xornada 11
- Resultado: As Miúdas - S.E. Abellá (0-6)
- As Miúdas:: Julia, Isa, Gala, Antía, Leti, Laura, María Dosil, Bárbara, Iria, Matía e Eva. Tamén: Marta, Sara Cubelo, Pati, Paula e Lucía

Partido moi complicado ante, posiblemente, un dos mellores equipos cos que temos xogado. Comezaron as Miúdas moi dispersas, e xa non foron quen de enchufarse en ningún intre. Encaixaban pronto, xa no minuto 6, e o equipo non tivo argumentos para solventar o mal inicio do partido, pois a única ocacisión que tiveron as muradáns foi un libre directo da capitana e cumpleañera Antía Rey Abeijón. No minuto 31 chegaría o 0-3 co que nos o choque se iría aos vestiarios.
A segunda parte foi unha fotocopia da primeira.
A destacar, o papel da nosa xogadora Leti Olveira Arcos, que cumpliu nunha posición que non é para nada a súa, e dende a parcela defensiva tratou de animar en todo momento ás compañeiras, demostranso unha vez máis o seu sentimento de equipo.
A mala nova da mañá foi a lesión da pichichi Barbara Caamaño, que se retirou a principios do segundo tempo cun golpe no xeonllo. Pasará revisión médica esta tarde para coñecer o alcance da lesión.
2ª División, Grupo 1, xornada 13
- Resultado: Bergantiños - Victoria C (3-2)
- Bergantiños: Lucía, Piroja (Sabrina, m.75), Rabuñal, Seo, Paula, Lore, Torrado (Ale. m.55), Noe, A. García (Cambón, m.50), Tamara (Fariña, m.80), L. Canosa (Lydia, m.70)

Enfrontábanse os dous equipos máis novos da categoría pero con aspiracións distintas segundo a clasificación. Non foi o mellor partido das carballesas pero por sorte os tres puntos quedaron en casa.
A primeira parte foi moi igualada e con poucas ocasións, pero o Bergantiños iría ao descaso gañando pola mínima grazas á efectividad de Tamara no minuto 16. Tralo descanso, as coruñesas saíron con máis atacantes e a raíz diso empezaron a chegar en varias ocasións con certo perigo. Ana empataba para as visitantes ao materializar magistralmemte un falta desde a frontal. Co empate reaccionaban as xogadoras de Gueli e unha internada de Tamara acababa no penalti que transformaría Ale. A dez minutos para o final Tamara, como case sempre, facía o gol da tranquilidade. No tempo de prolongación Mini axustaba o marcador ao anotar o segundo penalti da tarde. A próxima semana visitarán ao segundo clasificado Pastoriza en Oseiro o domingo ás 16.00h
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).