A final da Copa da Costa F8, a gran festa do fútbol base nas Redondas

Espectacular o ambiente que se viviu durante toda a xornada do sábado nas Redondas. A fase final da Copa da Costa de F8 reúne nun campo aos mellores do curso en categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín, convertindo a xornada nunha auténtica festa do fútbol base costeiro.
A emoción estivo presente dende primeira hora da mañá, por exemplo cando o Corcubión e Esteirana se colaban na semifinal Alevín ao vencer nos penaltis a Dumbría e Xallas.
Finalmente o Fisterra foi o gran triunfador da tarde, con dous títulos, en Prebenxamíns (completando así o doblete) e en Alevíns, no momento máis intenso da noitecunha tanda de penaltis de infarto que vivimos en directo, e que podedes volver a ver, no Fb de Fútbol da Costa.
Ademais, o Outes proclamábase campión en Benxamíns completando un cadro de títulos esta campaña espectacular, pois xa foron campións das Fases Finais ligueiras e Alev. e Benx,, e agora, campións da Copa en benxamíns.
Mágoa a coincidencia coa fase final provincial do programa Xogade, que impediu aos rapaces de Vimianzo e Ponteceso disputar unha final que venceran no campo. Así e todo, diferentes foron as reaccións de ambas entidades. O EDM Ponteceso retirouse da Copa unha semana antes permitindo que o pudese disputar a final, e ademais se presentou pola tarde para recibir o trofeo como campión de Liga. Polo bando contrario, o EMF Vimianzo non presentou a súa renuncia impedindo que o equipo das Baleas puidese competir. En todo caso, ambos conxuntos tiveron un papel fantástico na fase provincial.
![Foto de familia da Copa da Costa F8 nas Redondas]()
Novas relacionadas
- O EDM Ponteceso e o EFM Vimianzo fixeron un gran papel nos Provinciais de FS.
- O Corcubión e o Vimianzo completan o cadro de campións dun F8 que xa pensan nunha Copa da Costa con ausencias.
- O Dumbría Benxamín, o cuarto campión das Ligas F8.
- O Ponteceso Alevín e os dous equipos de Outes, os primeiros campións das Ligas de F8.