E os Finalistas aos Premios Saunier Duval ao Delegado e ao Árbitro do Ano son…

Trala fermosa festa vivida este domingo no San Paio de Refoxos coa doble final da Copa da Costa tanto masculina como feminina, o Fútbol costeiro pensa xa no broche de ouro da temporada, que non será outro que a X Gala do Fútbol da Costa - QPC.
O venres 13, ás 21:00h, a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este especial evento no que repartiremos máis de 50 prezados balóns da Olería de Buño aos e ás mellores de curso.
E írmonos metendo xa en materia, e tras ter descuberto xa o 11 da Década, anunciamos os primeiros finalistas e continuaremos ao longo da semana co resto de nominados. E facémolo cos Premio Lucas Vicente Vidal @ Árbitr@ do ano e o Premio Saunier Duval @ Delegad@ do ano.
Todo, un día despois da homenaxe que lle rendeu o colectivo arbital a Óscar Santos no marco da final, xa que o vimiancés colga o silbato.
Os finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal @ Árbitr@ do ano
- David Castreje (Fisterra)
- Diego Grille (Carballo).
- Alejandro Tato (Carballo).
Os finalistas ao Premio Delegad@ do Ano
- Bertino do CD Baio.
- Toñin do Xallas FC.
- Rafa do Cabana SD.
