Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Fisterra bateu a Esteirana e alzouse coa Copa da Costa na gran Festa do Fútbol da Costa

Final da Copa da Costa 2022-Campion o Fisterra
O Fisterra bateu a Esteirana e alzouse coa Copa da Costa na gran Festa do Fútbol da Costa

Se por algo se diferencia o Fútbol da Costa do resto do fútbol comarcal é por eventos coma estes. Despois da Emotiva Gala, chegou a gran festa do noso fútbol. Máis de 2.300 persoas encheron de festa o campo de Fontenla, co campo cheo e os Rapacollóns facendo a banda sonora de batucada dende unha hora antes. “Isto vai na sangue da zona” comentan as xentes de fóra que se achegaron por Santa Comba a ver esta marabilla.

Xa pola mañá rexistrábase unha fenomenal entrada na Final da Copa Feminina, pero o da tarde é digno de estudo. A despregadura de medios (con QPC, coa Radio Nordés, Radio Galega, a TVG2…) e a fantástica organización por parte da RFGF e a familia do Xallas foi fundamental para este evento, fundamental para enteder a Costa da Morte.

O fútbol, ademais, non desmereceu o ambiente, e foi un choque tremendamente igualado, cunha Esteirana que non se amilanou a pesar de competir este ano dúas por debaixo, pero cunha Fisterra que ten unha pegada tremenda, e conseguíu sumar ao seu Palmarés a a súa 4ª Copa da Costa.

Final da Copa da Costa 2022-Rapacollons
A afección fisterrá demostrou por que é a mellor da Costa. Foto:Telmo

Fisterra - Esteirana (2-1)

Final da Copa da Costa 2022-Fisterra 11

  • Fisterra: Iván Bouzón, Cea, Breixo, Aarón Fdez., Lobelos; Aarón López, Diego Estévez (Richi, m.82), Diesgo Cespón, Julián, Víctor Casais e Adrián Makaay (Vía Rápida, m.85)

Final da Copa da Costa 2022-Esteirana

  • Esteirana: MJ, Simon, Sui, Tobío, Samuel, Adrián Abelleira (Adrián Louro, m.75), Pablo Rama (Dani Corniños, m.60), Oli (Pachi, m,85), Raúl, Brais, Elías (Farinós, m.85).
  • Árbitros: Bruno Méndez, con Óscar Santos e Christian Sendón de auxiliares. DavoId Vázquez Lema de 4º. O choque comezou cun minuto de silencio en lembranza de Lucas Vicente Vidal.
  • Goles: 1-0, m.31: Adrián Maakay define abaixo un pase filtrado polo medio da defensa de Julián; 1-1, m.36: Raúl lanza un pepinazo dende 30 metros e se cola por riba de Bouzón: 1-2, m.71: Víctor Casais remata cunha fermosa volea un centro de Julián.

Final da Copa da Costa 2022-Arbitros

Comezaba o partido con moito respecto, un choque con tensión, coa Esteirana tendo un pouquiño máis o balón. Pouco a pouco o Fisterra ía collendo sitio. Cada balón que quedaba solto no medio campo e o cazaba Julián xa creaba algo de inquedanza buscando a profuncidade de Víctor Casais. As combinacións dos dous xogadores máis votados da Costa era unha das armas máis do cadro de Porrúa, pero outro que facía calar a afección blaugrana era Makaay, que probou como máis lle gusta, pola esquerda recortando e probando ao pau longo.

Ao 20 minutos unha das primeiras chegadas con perigo da Esteirana cun bo pase filtrado por Raúl na banda esquerda que Brais só podía encontrarse con Iván Bouzón. Pouco despois probaba pola outra banda Elías e volvía responder seguro Bouzón.
Pero… aparecía o de sempre. Julián atopaba un oco no medio da defensa esteirán, filtraba un pase e Makaay definía a perfección ante Mj, que nada puido facer.

Non se veu abaixo o equipo de Geno, que mantivo o tipo, e 5 minutos despois marcaba o empate cun autentico golazo de Raúl. O extremo dereito víñase cara o medio e lanzaba un trallazo dende 30 metros que se colaba por riba de Bouzón.
E 2 minutos despois puido darlle a vota ao marcador sen Elías mete para dentro un centrazo precioso de Raúl.

Final da Copa da Costa 2022-11

Tralo descanso, o Fisterra empezou con forza, e Diego Estévez tivo unha gran ocasión pola banda dereita. Pero a Esteirana non se amilanou e trataba algo mellor a pelota, e tamén tivo unha boa cun centro de Raúl que Elías lle deixaba a Brais pero o asistente anulaba por fóra de xogo.

Era o m.20 cando Víctor Casais tiña unha fantástica ocasión, recortando ante Sui e sacando un dereitazo que se foi lambendo o pau.

Pouco tempo pasou para que chegase o segundo de Fisterra, cun centro de Julián dende a dereita que Vícor Casais remataba cunha fermosa volea sen que Sui chegase a cubrilo.
Pero volveuse levantar o cadro esteirán, e 2 minutos despois Oli plantábase diante de Bouzón tras un pase cortiño de Raúl e mandaba o que puido ter sido o empate ao longueiro.

Clave foi esa xogada porque foi o último cartucho dunha Esteirana que foi perdendo folgos ante un Fisterra que soubo manter o balón. Apenas unha internada de Fariñós e un córner que case queda morte puido cambiar o rumbo do partido.

Pero a Copa xa tiña dono! A SD Fisterra celebrou por todo o alto, escoltado pola marea verde dos Rapacollóns, a Copa da Costa.

Final da Copa da Costa 2022-Fisterra Campion
Makaay e o Tolo recolleron o título entre os chorros do champán

Novas relacionadas

Comentarios