CRÓNICA DOMINICAL
Fisterra, Soneira e Corme amosan os dentes
Rematou outro vibrante carrusel cos goles en directo, que seguen máis de 5.000 persoas a través da plataforma www.futboldacosta.com. E xa contamos as primeiras impresións dunha fin de semana con choques que nos deixan ver moitas cousas, a pesar de estarmos moi cedo.
Por exemplo, o foco estaba posto no Municipal de Vimianzo, onde o Soneira dou conta do Fisterra, deixando ver que este ano os soneiráns van moi en serio na categoría. O Baio sumaba a súa primeira vitoria, e o Mazaricos e o Volantes a súa primeira derrota.
Un dos protagonistas da tarde foi o Fisterra, que venceu nada menos que 0-3 en Lemos, e coas novas pezas engraxándose, ata mete medo.
Na Liga da Costa o campo de Xaviña medía o potencial do Cerqueda ante o eterno favorito, un Corme que non deixou espazo para as sorpresas e volveu golear. Empatados no máis alto só quedan Ponteceso e San Lorenzo, tras vencer ao Muros e en Zas respectivamente. O sábado, no duelo de debutantes, venceu o Coristanco ao Cabana.
Tamén houbo liga feminina, o Bergantiños caía ante todo un Racing de Ferrol, mentres que o Mazaricos debutaba na Liga de F8 vencendo ao Trazo por 5-3.
Veteranos
E comezaron as Ligas de Veteranos, que se formulan ben interesantes.