Martes. 23.04.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Concello de Santa Comba deixa escapar a opción de revalidar

O Amarelle Santa Comba deixou escapar o título
O Amarelle Santa Comba deixou escapar o título
FSF: O Amarelle Concello de Santa Comba deixa escapar a opción de revalidar

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Arturo Trillo, afrontaba un partido clave na loita polo título da liga de Primeira Galicia Feminina FS, onde as xalleiras necesitaban unha vitoria para poder optar a revalidar a súa título de campioas conseguido a pasada tempada. As xalleiras tivérono na súa man, pero cun gol do FC Meigas, a falta de cinco minutos para o final, impediu a necesaria vitoria; e rematou o encontro cun marcador de 2-2; que certificada o título de liga para o FC Meigas.

Mentres, o Fisober sacou un importante punto nun bo partido ante o 3º clasificado e unha das súas bestas negras no que incluso chegou a ir con vantaxe de dous goles, no que voltou a marcar Adriana en racha dende que voltou da lesión, pero no que a meiga das lesión voltou a cebarse cas costeiras e desta vez caeu Carre que está pendente do diagnóstico na lesión de xeonllo.

PREFERENTE, XORNADA 16

  • Resultado: A Estrada Futsal - Fisober F.S.F. (3-3).
  • Fisober: Lía, Paula Fandiño, Adriana, Carre, Mai; tamén xogaron: María Maroñas, Saray, Kenny, Sharay, Uxía, María Dumbría.
  • Goles: 1-0 min 4 p.p. , 1-1 min 5 Adriana, 1-2 Adriana, (descanso), 1-3 min 28 Kenny, 2-3 min 28 Natalia Mercedes, 3-3 min 32 Lucía González.

Fisober ante o

Saíron arriscando as locais co xogo de cinco, pero unha parada de Lía e o seu lanzamento aproveitando a porta valeira das estradenses case dá o primeiro gol costeiro. As locais aproveitaban unha contra para voltar poñer en apuros a Lía. A resposta visitante foi dun envío de Lía para Mai que a porteira neutraliza in extremis. Aos catro minutos unha xogada local e o infortunio de Paula Fandiño poñía o primeiro gol local en propia porta. Non tardaron en respostar as costeira xa que Paula Fandiño envíaba para Adriana que segue ao seu e facía a igualada. O partido seguía con ocasións e agora era Adriana a que se esforzaba en defensa para salvar baixo paus. Unha xogada entre Adriana e Mai case pon en vantaxe as costeiras.

Cando se chegaba ao último minuto da primeira metade unha contra do Fisober con pase atrás de Kenny é finalizada por Adriana para facer o segundo gol das costeiras. E antes de retirarse a vestiarios a punto estivo Adriana de completar o hattrick pero a vaselina foiselle por pouco.

A volta de vestiarios de novo Adriana tivo a tiro o terceiro visitante despois dunha xogada individual e tiro cruzado. Tamén Paula Fandiño de falta case o acada pero atopouse ca porteira. O Fisober decidiu esperar a medio campo e saír a contra e nunha deses a cadete Kenny de tiro cruzado pon o terceiro costeiro. Pouco lle durou a ledicia xa que case na seguinte Natalia Mercedes voltaba a reducir diferenzas. Unha contra levada por Mai e finalizada por Kenny tivo o cuarto visitante a tiro. Pero a pouco máis de sete para o fin Lucía González de tiro exterior poñía o terceiro local.

O partido estaba tolo primeiro Adriana tiña o cuarto, logo as locais e antes do fin Kenny tíñao ata en dúas ocasións.

 

1ª GALICIA FEMININA, XORNADA 13

  • Resultado: FC Meigas - Amarelle Concello Santa Comba (2-2)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Nerea, Ge, Tati, Nuria Paz, Andrea (cinco inicial), Carla Martínez, Elsa, Carla Riomao, Nuria Sánchez, Lucía Yu, Tania, Violeta.
  • Goles: 0-1 Teresa (min. 1); 1-1 Nuria (min. 8); 2-1 Carla Martínez (min. 12); 2-2 Teresa (min. 45).

Na primeira parte, o partido empezaba cun conxunto local sen tensión no encontro e no primeiro minuto de xogo, as visitantes colleron as costas ás xalleiras e Teresa nunha contra poníao 0-1 no marcador. O Amarelle Concello de Santa Comba púxose as pilas e empezou a dominar o partido. Primeiro sería Nuria a encargada de igualar a contenda aos oito minutos de xogo; e logo, Carla Martínez poníao 2-1 na medianía de o primeiro periodo. As locais estaban no seu mellor momento, e gozaron de varias ocasións para poder ampliar a renda, tales como un poste e un man a man coa porteira a falta de dous minutos para o tempo de asueto; pero onde ambos equipos retiráronse co 2-1 ao tempo de asueto.

Na reanudación, o partido igualaríase e as dúas escuadras empezaron a gozar de ocasións; pero o gol non chegaba para ningún dos dous equipos. Os minutos pasaban, e o cansazo hacía mella nas xalleiras, que se atopaban co 2-2 a falta de cinco minutos para o tempo de asueto, tras un desajuste defensivo das locais. O Amarelle Concello de Santa Comba tratou por todos os medios de volver poñerse por diante, pero a falta de tres minutos, Nerea tiña que abandonar a portería xalleira por un golpe; tendo que poñerse baixo paus Andrea. Con esta postura, as locais intentárono con xogo de cinco, pero sen a fortuna necesaria para poder poñerse por diante, e o encontro concluía con a igualada no luminoso.

Este resultado deixa sen opcións de revalidar o título de liga das xalleiras; a falta de disputarse a oúltima xornada da competición provincial para o príximo fin de semana.

 

CRÓNICAS DO  FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

Comentarios