Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober agárrase á Preferente

paula fandiño celebrando un tanto co Fisober
Paula Fandiño celebrando un tanto co Fisober
FSF: O Fisober agárrase á Preferente

Importante triunfo do Fisober, empeñado en complicarse a vida, este sábado coma local que lles permite respirar un pouco antes do Tourmalet que as espera nas próximas xornadas enfrontándose aos dous primeiros clasificados, aínda que será despois do parón de dúas semanas por mor da Semana Santa, na que polo menos as tocadas e lesionadas do club costeiro terán opcións de mellorar.

Mentres, na fase previa da Copa Provincial, nova e contundente goleada do Amarelle Concello de Santa Comba sobre o Ulla Oil Vedra FSF. As xalleiras seguen arrasando.

Campus Fisober

Ademais o Fisober F.S.F. xa ten preprarado coma cada Semana Santa o seu campus que vai pola quinta edición.

Preferente Galicia, xornada 25

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – GALIPIZZA SPORT SALA CULLEREDO (3-1).
  • FISOBER: Lía, Ana, Kenny, Paula Fandiño, Adriana; tamén xogaron: Mai, Carre, María Dumbría, Andrea.
  • Goles: 1-0 min 12 Adriana, 1-1 min 16 Marta Fra, (descanso), 2-1 min 26 Paula Fandiño, 3-1 min 29 Kenny.

Saiu moi intenso o Fisober buscando o gol dende o primeiro minuto, mentras que as visitantes buscaban o contragolpe e tiros exteriores. Despois dunha falta a prol das costeiras o rexeite provocou unha contra visitante con tiro ao pau das mesmas. As costeiras tiñan unha dobre ocasión por Paula Fandiño cun lanzamento de falta e o posterior rexeite que apañaba a porteira. Pouco despois sería Ana a pase de Lía a que se atopaba ca porteira visitante.

Mediada esta primeira metade unha xogada chave xa que o árbitro expulsaba a unha xogadora visitante por protestas tras unha falta. Na superioridade o Fisober tivo dúas moi boas ocasións, unha de Adriana no segundo pau e un tiro de Ana ao longueiro. O gol chegaría cunha xogada de estratexia rematada por Adriana no segundo pau para adiantar as costeiras.

Ana tivo o segundo nas súas botas tras coller un rexeite pero con pouco ángulo non puido anotar o gol. Outra boa tivoa Adriana pero o seu lanzamento a reviravolta parabao a porteira. As visitantes a piques estaban de igualar despois dunha contra que salva Adriana in extremis, pero no lanzamento do saque de esquina si igualan as visitantes.

A volta de vestiarios presión alta das locais, a primeira ocasión foi despois dun roubo de Ana que envía para María Dumbría que a piques estivo de anotar. Quen si anotaría sería Paula Fandiño cun envío longo que sorprendía a porteira visitante. Cunha moi boa xogada combinativa das locais chegaba o terceiro obra de Kenny mediada esta segunda metade. As visitantes non se rendían e probaban con tiros lonxanos. As visitantes decidiron atacar de cinco pero as locais resolveron ben a situación e sacaron adiante o partido.

Copa 1ª Galicia Feminina, Grupo B, x. 4

As xalleiras tardaron en coller o ritmo, pero terminaron por pechar a vitoria na primeira parte, e terminar a segunda parte para poñer a puntilla tras superar ao seu rival por un marcador de 11-1.

Comentarios