FSF: O Fisober colle ritmo

Tras un comezo con moitas expectactivas, o Fisober vai collendo ritmo de competición. Este pasado sábado recibía no Conco ao At. Arnoia, ao que vencía a pesar de non contar con Adriana nin coas novas fichaxes estrella, as eternas Patri e Barca.
Podemos ver o partido aquí:
Liga Autonómica Preferente Galicia, xornad 3
- Resultado: FISOBER FSF – ATLÉTICO ARNOIA (5-2).
- FISOBER: Sharay, Mai, María Dumbría, Paula Fandiño, Uxía; tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Ana, Saray, Nuriña.
- Goles: 0-1 min 1 Lucía Expósito, 1-1 min 4 Mai, 2-1 min 10 Lucía Martínez, 3-1 min 13 Paula Fandiño, (descanso), 3-2 min 27 Lucía Expósito, 4-2 min 27 Paula Fandiño, 5-2 min 31 Sharay.

Non podía comezar peor o partido para as costeiras xa que no primeiro minuto marcaba a visitante Lucía Expósito cun lanzamento cruzado que petaba nunha xogadora costeira, pero a pesar desa mala nova non se puxeron nerviosas e controlaron o partido en todo momento. Pronto empataba e tras moitas ocasións, mediada a primeira metade era Lucía Martínez a que poñía por diante as locais despois dun balón cruzado de Saray que tan só tivo que empurrar sobre a liña. E pouco despois era Paula Fandiño a que facía o terceiro cun lanzamento dende fora da área.
Recurtaba á volta dos vestiarios o cadro visitante, pero pouco durou o desacougo nas locais xa que na xogada seguinte Paula Fandiño cun lanzamento dende campo propio facía o cuarto e devolvía a tranquilidade. As visitantes arriscaron co xogo de cinco pero quen aproveitou a circunstancia foi a porteira local Sharay para facer dende a súa portería o cinco a dous que a postre foi definitivo.

Na vindeira xornada o Fisober visita ao Lugo Sala.