Xoves. 18.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober confirma a permanencia na Preferente pero o Viaxes perde opcións de manterse na máxima categoría

Fisober FSF vacendo equipo
O FIsober FSF puido certificar a permanencia
FSF: O Fisober confirma a permanencia na Preferente pero o Viaxes perde opcións de manterse na máxima categoría

Xornada dispar para os dous equipos que seguen en competición ligueira. Por un lado, o Fisober conseguíu unha vitoria fundamental que lles permite viaxar con total tranquilidade a Salceda na última xornada xa co obxectivo acadado. A permanencia nesta Preferente, despois do descenso do ano pasado dende a 2ª categoría do FSF estatal, é xusto premio ao esforzo e traballo de toda a familia costeira, despois dunha dura segunda volta no que as lesións e as baixas complicaron moito a vida ao cadro costeiro.

Pola contra, as que teñen pé e medio fóra da máxima categoría é o Viaxes Amarelle. O cadro herculino no que compiten a muxiá Patri Romaní e a camellá Inés Suárez, caían na casa ante o Móstoles, Con este resultado, o conxunto herculino segue, a falta de dous partidos na antepenúltima posición da xeral, co Zaragoza 3 puntos por arriba.

Preferente Galicia, xornada 29

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – S.D. A GAIOLA (2-1).
  • FISOBER: Lía, Mai, Ana, Adriana, Paula Fandiño; tamén xogaron: Carre, María Dumbría, Kenny.
  • Goles: 1-0 min 1 Adriana, (descanso), 2-0 min 23 Mai, 2-1 min 39 Sara.

Lia e Paula Fandino-Fisober FSF
Lía e Paula Fandiño

No podía iniciar mellor o partido para o Fisober xa que no minuto 1 se puña por diante despois de que Adriana co calcaño empurrara un lanzamento de Paula Fandiño. E a mesma Adriana case na xogada seguinte a piques estivo de facer o segundo. Pero as santiaguesas tamén o intentaban e nunha falta ao borde do área facían aparecer a Lía moi segura durante todo o partido.
O Fisober, co resultado a favor, gañou en tranquilidade, seguía ben seguro atrás e chegando arriba. O ritmo foi baixando co paso dos minutos e con elo as ocasións.

No arranque da segunda metade viuse que as visitantes ían apretar aínda máis. Estela facía intervir a Lía cun forte lanzamento. Pero aos tres minutos un roubo de Mai, unha parede con Ana e posterior finalización de Mai facía o segundo gol costeiro e o xusto premio o gran partido de Mai. As visitantes empurrraban máis e máis, pero sempre se atopaban con Lía. Todo se compricou aínda máis cando a menos de tres minutos do fin Adriana vía a segunda amarela e deixaba en inferioridade as costeiras.

A falta de 1 minuto marcaban as visitantes, o que deixou un final de sufrimento máximo, que remataron co triunfo costeiro que lles asegura a categoría e fai que non teñan que xogarse todo na final que sería a visita a Salceda.

Primeira División Feminina. Liga Foro 16 Feminismo, xornada 28

  • Viaxes Amarelle FSF - FSF Móstoles (2-3)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Iraia, Reneé, Martita, María Gómez (cinco inicial), Patri Romaní, Inés Súarez, Dolo, Cris Oreiro.
  • Goles: 0-1 Rocío (min. 2); 1-1 Carmen (min. 12); 1-2 Inma (min. 21); 2-2 Marita (min. 30); 2-3 Patri Chamorro (min 32).

Patri Romani a piques de descender co Viaxes Amarelle
Patri Romaní, a capi do Viaxes Amarelle, non puido evitar unha nova derrota

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, saía coa firme intención de sacar os tres puntos no duelo deste sábado fronte a un FSF Móstoles, que xa non se xogaba ningunha posición na táboa. As herculinas estiveron loitando ata o último segundo dentro da cancha, pero a falta de acerto local e a efectividad do FSF Móstoles deixaban no luminoso un resultado de 2-3; que fai que o cadro herculino teña que seguir loitando para conseguir a permanencia. Aínda é posible.

Con este resultado, o conxunto herculino segue na antepenúltima posición da xeral, e a expensas do que este domingo ocorra no duelo entre Sala Zaragoza FSF e Leganés FSF; as galegas terán que seguir pelexando por sumar os máximos puntos posibles, para seguir mantendo viva a esperanza pola permanencia na Primeira División Nacional Feminina FS. A semana que vén, a Xerez, para visitar a un rival directo, o Guadalcacín FSF.

Todas as Novas do FSF

Todas as novidades do FutFem

Comentarios