Luns. 23.11.2020
El tiempo

FútFem: O Bergantiños estira o soño do ascenso mentres As Miúdas sucumben ante un superior Atlántida

Familia do Bergantiños Feminino celebrando o pase na Fase de Ascenso
Familia do Bergantiños Feminino celebrando o pase na Fase de Ascenso
FútFem: O Bergantiños estira o soño do ascenso mentres As Miúdas sucumben ante un superior Atlántida

Espectacular este Bergantiños Feminino que vai decidido polo ascenso nesta complicadísima Fase. Eliminaron ao 2º clasificado do Gr.1, gañando os dous partidos da eliminatoria, e agora enfrontaranse ao Friol Lugo B, foi o campión do grupo 1 e que quedou apeado da eliminatoria de campións contra o Betanzos.

Polo sur, foi dura despedida das muradanas desta fase de ascenso cun severo correctivo a mans dun Atlántida de Matamá que foi superior nos dous partidos da eliminatoria e refrendouno con amplos marcadores. Unha despedida que non amarga unha temporada inesquecible dun grupo que dará moitas alegrías aos [email protected] da comarca.

Sp. Burgo - Bergantiños (1-2)

  • Bergantiños: Lara Sanchez, Rabuñal (Paula, m.85), Fra, Martasa, Sabrina, Lore, Canosa (Eva, m.80), Torrado, Noe (Isa, m.60), Merey, Tamy (Carla, m.75).

O Bergan feminino coa capitana Seo
As xogadoras do Bergan vestiron camisetas de apoio á capitana Seo, lesionada no xeonllo

Co resultado a favor de 3-2 no partido de ida chagaban as carballesas a un partido no que os dous equipos tiñan moi claras as súas bazas, pero as xogadoras de Gueli demostraron que van en serio nesta fase de ascenso. Xa no minuto 1 Tamy lanzaba fóra un penalti por unhas mans dentro da área. Non se viría abaixo o Bergan e o ritmo altísimo das xogadoras acosarían nos primeiros moniutos ás locais. Mery facía o 0-1 ao rematar por baixo dentro da área. Tamy e novamente Mery poderían ampliar a vantaxe pero o marcador non se movería. Algún disparo das locais dende fora da área foron os únicos achegamentos á portería de Lara antes do descanso.

Trala reanudación o Burgo apretou máis e conseguiu meter por uns instantes ao Bergan dentro da súa área, aproveitando para empatar o partido tras unha indecisión de defensa carballesa. Tras este gol as xogadoras de Gueli non se arrugarían e buscarían un gol que lles daría a tranquilidade, e Mery, a centro de Canosa, fallou baixo paos ca porterira xa batida. Na seguinte xogada Isa que entrara sustituindo a Noe facía o 1-2 cun gran tiro cruzado e Carla que tamén entrara dende o banquillo apunto estaría de facer o terceiro gol visitante.

Nos minutos finais as burguesas volcaríanse en ataque en busca dun gol pero a defensa do Bergantiños mostraríase moi sólida durante os minutos finais e o resulatdo xa non se movería.

As Miúdas - Atlántida de Matamá (0-6)

  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, Marcela, María de Pastora, Leti, Bárbara, Ainoa, Eva e María Dosil. Tamén xogaron: Marta e Martina.

As Miudas non puideron co Atlantica Matama de Vigo

Cunha marea de baixas neste final de temporada (aínda Martina se lesionaba no quecemento), Fran e Fer tiveron que improvisar ante un equipo vigués que saíu a dominar. Aproveitaron pronto a febleza da defensa local e aos 20 minutos xa eran e os tantos das visitantes, convertíndose en 4 ao descanso. E iso que as costeiras se defendían con orgullo e garra.

No segundo tempo pouco cambiou o panorama pero as costeiras loitaron ata o final. E puido marcar o gol da honra Bárbara, pero como fixera Antía a semana pasada, o seu penalti foi demasiado sinxelo para a porteira rival.

Toca agora recuperar efectivos e sobre todo sensacións para encarar a recta final co partido de final de Copa da Costa no horizonte para poñer punto e final a unha temporada na que as Miúdas foron de máis a menos lastradas de maneira notable polas numerosas lesións.

En todo caso, a temporada non deixa de ser excepcional!

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

comentarios