Mércores. 20.11.2019
El tiempo

FSF: Fisober e Amarelle aférranse á permanencia

Patri, á dereita, celebrando un dos tantos do Viaxes Amarelle ante o Leganés
Patri, á dereita, celebrando un dos tantos do Viaxes Amarelle ante o Leganés
FSF: Fisober e Amarelle aférranse á permanencia

Importante punto o acadado polo Fisober na pista do segundo clasificado nun partido disputado e traballado polas costeiras, que seguen acusando a multitude de baixas, no que os paus tamén axudaron ao Fisober. As costeiras manteñen 4 puntos de marxe sobre os catro postos de descenso, a falta de 4 xornadas.

Outras que se aferran á categoría, neste caso á máxima do FSF estatal, son as Patri e Inés do Viaxes Amarelles. As herculinas facían un gran partido e superaban con contundencia ante un rival directo, CD Leganés FSF, meténdoo de cheo na loita pola salvación. Quedan outras 4 xornadas e o Viaxes está un punto por riba do descenso (descenden 3), que marca o Sala Zaragoza.

Preferente Galicia, xornada 26

  • Resultado: Leis Pontevedra - Fisober (1-1)
  • Fisober: Lía, Adriana, Ana, Kenny, Mai; tamén xogaron: Carre, Paula Fandiño.
  • Goles: 0-1 min 19 Ana, (descanso), 1-1 min 27 Nuria.

Adriana no choque da primeira volta do Fisober
Adriana no choque da primeira volta do Fisober

Saíron os dous equipos moi concentrados , co Leis coa iniciativa de ataque e o Fisober traballando a media pista. A primeira ocasión clara era para as costeiras cun saque de esquina entre Ana e Paula que finaliza cun remate no segundo pau de Carre que salva a porteira local in extremis. Os paus comezaban a alinearse coas costeiras xa que o Leis facía dous paus seguidos na mesma xogada. E cando se ía chegar ao fin desta primeira metade unha contra conducida por Paula Fandiño cun pase ao espazo para Ana, remata con está definindo para o cero a un.

No arranque da segunda metade as locais saían máis intensas si cabe, e a primeira ocasión era cunha vaselina que golpeaba no longueiro que voltaba a xogar a prol do Fisober. Pouco despois voltarían a toparse co pau as locais. O gol local chegaría mediada esta segunda metade por medio de Nuria. Despois do gol as da cidade do Lérez estiráronse a polo partido. Tendo un novo lanzamento ao longueiro. Alternáronse as ocasións no treito final cun cadro local máis incisivo pero o Fisober aguantou a embestida e acadou un importante punto ante o segundo clasificado que se está a xogar o título.

Copa Galega Infantil Feminina FS, Grupo B, x. 4

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Fisober FSF (4-0).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Olalla, Carla Riomao, Sabela, Lucía Yu (cinco inicial), Nuria, Sara, Claudia, Andrea.
  • Fisober FSF: Sharay, Saray, Lucía, Uxía, Nerea (cinco inicial), Laura, Lucía, Carla, Ruth.
  • Goles: 1-0 Claudia (min. 10); 2-0 Nuria (min. 17); 3-0 Carla Riomao (min. 19); 4-0 Nuria (min. 22).

O Viaxes Amarelle FSF infantil tomoouse a revancha na tarde deste sábado sobre o Fisober FSF, que viña de infligir dúas derrotas nos seus últimos dous enfrontamentos, cun contundente marcador de 4-0, que deixaba ao conxunto herculino como líder do grupo A de a fase previa de clasificación para a Copa Galega Infantil Feminina FS.

1ª División Feminina. Liga Foro 16 Feminismo, x. 26

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CD Leganés FSF (4-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Iraia, Reneé, Martita, María Gómez (cinco inicial), Patri Romaní, Inés Súarez, Dolo, Mónica, Cris Oreiro.
  • Goles: 1-0 Reneé (min. 20); 2-0 René (min. 21); 3-0 Martita (min. 28); 4-0 Iraia (min. 34).

Patri capitana do Viaxes copia
Patri é a capitana do equipo herculino da máxima categoría do FSF estatal

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, atopábase con mellores sensacións nas últimas semanas e referendouno no partido deste fin de semana disputando un encontro tenso e con moita intensidade en todo momento, para que as galegas terminasen quedándose cos tres puntos. As xogadoras herculinas realizaron un bo encontro e terminaron por convencer con dous goles de Reneé, Martita e Iraia; para finalizar cun 4-0 sobre CD Leganés FSF, que mete ás pepineras na loita por evitar o descenso.

Tras este novo partido de liga, agora toca seguir traballando durante as próximas semanas, debido ao parón na competición pola disputa de torneo internacional da Selección Española de Fútbol Sala Feminino. Deste xeito, o seguinte partido, terá lugar o domingo 12 de maio de 2019 ás 12:00 horas no Pabellón Municipal da Granja (Zaragoza) visitando a un rival directo, o AD Sala Zaragoza FSF.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios