Domingo. 03.11.2024
El tiempo

FSF: O Fisober dá a sorpresa na Coruña e métese na pomada

Fisober na Coruna
As bravas do Fisober triunfaron na Coruña
FSF: O Fisober dá a sorpresa na Coruña e métese na pomada

Ata Novo Mesoiro desprazáronse as rapazas do Fisober para pechar a primeira volta cunha nova vitoria ante o Academia Red Blue, que chegaban invictas a esta xornada. Con esta vitoria as costeiras mantéñense coas opcións intactas, con 4 vitorias e 2 derrotas levan as costeiras, asó a 2 puntos das líderes, o Ribeira Lieders, e a xa a só 1 das herculinas.

Preferente Feminina, Gr.A, x.7

  • Resultado: ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA - FISOBER F.S.F. (1-3)
  • FISOBER: Lía, Ana, Mai, Adriana, Paula Fandiño; tamén xogaron: Nuriña, Carre, Saray.
  • Goles: 0-1 min 2 Adriana, 0-2 min 7 Paula Fandiño, 1-2 min 16 Alba Rodríguez, (descanso), 1-3 min 22 Paula Fandiño.

Moi xustas de efectivos e con moitas tocadas chegaban as costeiras, pero comezaron o partido con gran ritmo, xa con aviso de Ana e gol de Adriana. O Fisober a contra creaba moito perigo e de novo Adriana tiña opción de gol. Pero as locais tampouco paraban de crear e facían intervir a Lía con ocasións claras. Aos sete minutos de novo nunha xogada de estratexia era Paula Fandiño a que facía o segundo e poñía máis terra de por medio no partido. As herculinas deron un paso adiante e fixeron que Lía tomara aínda máis protagonismo, freando as locais unha e outra vez. Ata que recurtaban antes do descanso, sendo Lía a protagonista dos últimos minutos impedindo o empate.

No arranque da segunda metade un roubo de Paula Fandiño e unha excelente xogada individual culminada cun gran gol poñía o un a tres no electrónico. A segunda metade tiña menos ocasións e un maior control. Aínda así tiña que aparecer Mai para curtar unha xogada perigosa local. As herculinas non chegaban ao éxito e daban forzas as costeiras. Nos últimos segundos a ex do Fisober a camellana Inés tiña unha boa ocasión pero aparecía de novo Lía e o triunfo viaxaba cara A Costa.

Categorías Inferiores

As Cadetes do Fisober
As Cadetes do Fisober

Ademais, na Liga Autonómica Cadete Feminina o Fisober venceron ao Error Ferrol A Fervenza FSF Ferrol Narón dentro da 7ª xornada de liga no grupo Norte por 1-0, co tanto de Lucía Martínez.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina e dentro do grupo Norte C 1ª fase, o Fisober caía ante o líder, Imafer O Parrulo dentro da 7ª xornada, por 7-0


 

Crónicas do FSF

Comentarios