Xoves. 10.10.2024
El tiempo

FSF: O Fisober tamén sabe sufrir

As cadetes do Fisober venceron ao Fervenza
As cadetes do Fisober venceron ao Fervenza
FSF: O Fisober tamén sabe sufrir

Sufrido triunfo do Fisober na súa visita ao filial do Burela, nun partido moi igualado que se decidiu nos últimos minutos, despois da viaxe máis longa da tempada. Pero sen dúbida a mellor nova foi a volta de Mai e sobre todo de Carre despois dunha longa lesión.

Preferente Feminina, x.2

  • RESULTADO: ADC BURELA PESCADOS RUBÉN – FISOBER F.S.F. (1-2).
  • FISOBER: Lía, Mai, Adriana, Paula Fandiño, Uxía; tamén xogaron: Carre, Lucía Martínez, Saray, Nerea ,Lucía Canosa, Sharay.
  • Goles: 0-0 ao descanso, 0-1 min 34 Paula Fandiño, 1-1 min 37 Carmen, 1-2 min 37 Paula Fandiño.

Burela Fisober

Iniciou o partido cunha oportunidade o Fisober cun lanzamento de Paula Fandiño, un rexeite da porteira que aproveitaba Adriana para deixar para Uxía que tiraba fora. As costeiras comezaban co dominio do balón pero as locais poñían en apuros a Lía a contra. Respostaba o Fisober cun lanzamento de Paula que desviaba a porteira a saque de esquina e cun un para un de Uxía que case marca no rexeite. O partido estaba a ser con moito desorde e cos equipos imprecisos co balón.

A segunda metade tivo un pouco máis de ritmo por parte de ambos conxuntos. Xa no arranque Mai tiña que ser parada cando encaraba a portería e no lanzamento Paula Fandiño facía lucir a porteira local. Adriana despois dun pase da Paula Fandiño tiña unha boa oportunidade e a mesma Paula Fandiño cun lanzamento e posterior rexeite nunha xogadora local a piques estivo de abrir o electrónico. Pero as locais seguían a saír en perigosas contras.

Despois dun saque de esquina tivo unha boa opción Mai. Tamén a tivo Adriana despois dunha volea. O Fisober apretaba e a nove para o fin producíase unha expulsión no Burela por dobre amonestación. Pero o Fisober non foi quen de aproveitar a superioridade e cando as locais recuperaban unha xogadora para igualar número, Paula Fandiño adiantaba as costeiras cun lanzamento ao borde do área. O Burela deu un paso adiante tralo gol e poñía en moitos apuros ao Fisober. Primeiro cun tiro ao pau e despois poñendo en apretos a Lía. Pero o Fisober non se amedentraba e Adriana mandaba o balón ao longueiro local. Nese ida e volta unha contra local poñía a igualada cun gol de Carmen. Pero pouco lle durou a ledicia as locais xa que acto seguido un lanzamento lonxano de Paula Fandiño voltaba a poñer ao Fisober por diante.

Últimos minutos de sufrimento para as visitantes con ocasións para as da mariña pero tamén para o Fisober por parte de Adriana. Aínda así chegouse ao final con triunfo do Fisober que a vindeira semana recibe ao Vilalba en Dumbría.

Categorías inferiores

As cadetes do Fisober

O equipo da Liga Autonómica Cadete Feminina (aquí enriba) vencía ao Ferrol A Fervenza no Conco por 3-0 cos tantos de Lucía Martínez en dúas ocasións e Lucía Canosa.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina o Fisober recibía Imafer O Parrulo, e o resultado foi de dous a oito a prol dos visitantes.

Finalmente, na Liga Autonómica Cadete Masculina o Fisober visitaba na tarde do domingo no P. do Ventorrillo ao Academia Red Blue 5 Coruña. O resultado foi de 11-2 para os locais.

 O capi do cadete masculino do Fisober
O capi do cadete masculino do Fisober

Crónicas do FSF

Comentarios