Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: O Fisober cae en Pontevedra

O Fisober debutou en Pontevedra
O Fisober debutou en Pontevedra
FSF: O Fisober cae en Pontevedra

Segunda xornada na Preferente Galicia para a familia do Fisober nesta nova campaña, que comezaba cunha vitoria na casa ante o Carballiño. Ata Pontevedra se desprazaban as renovadas e moi novas xogadoras costeiras, que non podían traer ningún punto de volta a casa tras caer ante un rival dos chamados a loitar polo título.

Preferente Galicia, Liga Autonómica, xornada 2

  • Resultado: F.S. CIDADE DE PONTEVEDRA - FISOBER F.S.F. (3-1).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Carre, Ana, Saray ; tamén xogaron: Lucía Canosa, María Dumbría, Nuriña, Paula Fandiño, Lucía Martínez, Uxía.
  • GOLES: 1-0 min 1. Diana, 2-0 min 9. Eva, 2-1 min. 11 Ana, (descanso), 3-1 min 34 Laura.

Un gol de saída puxo moi difíles as cousas as costeiras, malia ter competido ata o final. Era.o primeiro minuto cando se adiantaban aos da cidade do Lére. O gol foi un mazazo para un Fisober que intentou recomponerse. Peor se poñerían as cousas cando aos 9 minutos era a local Eva quen marcaba o segundo gol e poñía aínda máis terra de por medio. Pero pouco despois aos once minutos a capitana costeira Ana facía o dous a un para dar esperanzas as súas e reducir distanzas.

Dende aquí ata o final da primeira metade xa non se movería o electrónico, chegándose con ese resultado o tempo de lecer. A volta de vestiarios o partido seguía polo mesmo camiño, ata que a seis minutos para o fin Laura facía o terceiro gol local e deixaba a posibilidade de sumar moi difícil para un Fisober que aínda así o intentou ata o final sen conseguir botín.

A vindeira semana chega a Dumbría o outro gran “coco” da competición, o Ribeira – Lieders que chega tamén con dous triunfos de dous e goleando.

Comentarios