domingo. 01.12.2024
El tiempo

FSF: Primeira derrota pero boas novas na pista

Foto familiar do Fisober
Foto familiar do Fisober
FSF: Primeira derrota pero boas novas na pista

Primeira derrota para o Fisober trala disputa da 3ª xornada. As costeiras non puideron nun partido tolo coa súa besta negra, o Vilalba, que nos últimos anos sempre marcha con premio do Conco. As boa novas chegaron coa volta ás pistas, tras unha longa lesión, da capitana Ana, e o debut esta tempada Nuriña.

Preferente Feminina, x.3

  • RESULTADO: FISOBER F.S.F. - VILALBA F.S. (4-5)
  • Fisober: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Mai; tamén xogaron: Ana, Nuriña, Lucía Canosa, Saray, Uxía, Lucía Martínez, Nerea, Sharay, Lucía Rodríguez.
  • Goles: 0-1 min 3 Adelaida, 1-1 min 4 Paula Fandiño, 1-2 min 5 Paula, 1-3 min 8 Carla, (descanso), 2-3 min 23 Paula Fandiño, 3-3 min 24 Paula Fandiño, 3-4 min 32 Paula, 3-5 min 36 Antía, 4-5 min 37 Paula Fandiño.

Debut de Nuriña co Fisober
Debut de Nuriña co Fisober

Empezou forte o Fisober con ocasións a primeira cun lanzamento lonxano de Paula Fandiño ao pau. Pero eran as visitantes as que abrían o marcador. Os primeiros compases ían de área a área, e se de contado reaccionaban as dumbriesas cos tantos de Paula Fandiño (nunha contra tras pase de Adriana) en 3 minutos as visitantes se colocaban 1-3.

De aí ao descanso calmouse a cousa con varias ocasións para as locais que non acabarían en gol.

O Fisober iniciou a segunda metade coa intención de controlar máis a bola e non deixar un partido de tanto ritmo e tolemia. Paula Fandiño era protagonista en ataque, e despois dun aviso anotaba dous goles para empatar. Pero nunha xogada chea de rexeites a oito para o fin voltaban a poñerse por diante as do Vilalba. Ana e Paula Fandiño non marcaban de milagre e a tres para o fin Antía facía o quinto visitante que parecía matar o partido, pero as costeiras non se rendiron e seguiron percutindo. Como resposta ao gol visitante de novo Paula Fandiño recurtaba diferencias para poñer de novo o partido nun pano.
Empuxaron as locais nos últimos minutos na busca da igualada primeiro cun lanzamento ao pau de Saray e para finalizar cun lanzamento de Paula Fandiño que desviaba miragosamente a porteira. Finalmente non puido ser e os puntos marcharon de Dumbría.

A vindeira semana toca visitar ao invicto Ribeira-Lieders.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Lu Martinez e Nerea goleadoras das cadetes do Fisober
Lu Martínez e Nerea, as goleadoras das cadetes do Fisober

Na Liga Autonómica Cadete Feminina e dentro da 3ª xornada no grupo Norte o Fisober visitaba ao Ribeira-Lieders na tarde do sábado no P. Do Palomar en Lugo con resultado de 2-1 a prol do Fisober, cos tantos de Nerea e Lucía Martínez.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina e dentro da 3º xornada no grupo Norte C 1ª fase o Fisober visitaba ao Troula Betanzos na tarde do sábado no P. Municipal de Betanzos e con resultado de 3-2 a prol dos locais, cos tantos costeiros de Iago e Pablo Costa.

E na Liga Autonómica Cadete Masculina e dentro da 3ª xornada no grupo Norte D 1ª fase o Fisober recibía na tarde do domingo ao Stellae FS-Zimal nas I.D. de O Conco en Dumbría e con resultado de 3-5 para os visitantes. Manuel, Carlos e Martín, marcaron para os dumbrieses.

Crónicas do FSF

Comentarios