O Fútbol da Costa ao completo lanza unha mensaxe de apoio ao Dépor

COMUNICADO DO FÚTBOL DA COSTA EN APOIO AO DEPORTIVO
A costa da Morte é unha bisbarra de moi fonda raigame e tradición futbolística, aquí sentimos o fútbol de xeito especial e ese sentimento levámolo canda nós en incontables ocasións ata o estadio de Riazor cando xoga o R.C. Deportivo da Coruña, clube referente do noso fútbol.
Dito isto, e ante as graves consecuencias que esa inexistente derradeira xornada de Liga da Segunda División pode acarrear para o equipo herculino, o fútbol da Costa da Morte apoia as medidas levadas a cabo polo propio clube, pero tamén as de institucións coma o Concello da Coruña e a propia Xunta de Galicia, despostas a esixir todas as responsabilidades que sexan precisas, encamiñadas a clarexar as posibles neglixencias nas que se houbese podido incorrer.
O fútbol tamén é solidariedade, veciñanza e encarna uns valores que endexamais deben lixarse. Velar por eles significa implicarse ante as dificultades. A igualdade é a base do xogo limpo, e sen esa premisa calquera competición fica adulterada e perde sentido.
Por iso mesmo, todos os abaixo asinantes estamos co Depor, e neste intre todos na Costa da Morte, vestimos a camisola branquiazul.
- SD AMEIXENDA
- CD BAIÑAS
- CD BAIO
- BERGANTIÑOS CF
- SCD BUÑO
- CABANA SD
- CAMARIÑAS CF
- CAMELLE SD
- CF CASTRELO
- CASTRIZ SD
- UNION CLUB CEE
- UD CERQUEDA
- UD CORCUBION
- CORISTANCO SD
- CORME CF
- DUMBRIA CF
- ESTEIRANA SD
- FISTERRA SD
- SD LAXE
- CF LIRA
- SCD MALPICA
- MAZARICOS CF
- UD MONTELOURO
- CD MUROS
- MUXIA CF
- CD NANTON
- O OUTES FC
- SD OZA A PEREIRIÑA
- PORTEÑO CF
- PUENTECESO SD
- SAN LORENZO SD
- SOFAN SD
- SONEIRA SD
- SPORTING SEAIA CF
- VOLANTES DE BAÑO FC
- XALLAS FC
- SPORTING ZAS