Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FutFem: Bergan e Cee aseguran o pase á fase de ascenso con dúas xornadas de marxe

Foto Femenino Bergantiños Feminino 30_05_21
O Bergan venceu en San Tirso
FutFem: Bergan e Cee aseguran o pase á fase de ascenso con dúas xornadas de marxe

O Bergantiños FC volveu demostrar a súa superioridade no Gr.B, dominando por completo a un Xuventude de Crendes que apenas inquietou a portería visitante. As carballesas manteñen o liderato (que terán que pelexar ata o final co Pastoriza) pero aseguran a praza na seguinte fase de ascenso.
Tamén ten a praza asegurada o Cee, a pesar de ter descansado. O empate do Noia ratifícaas como líder de grupo con dúas xornadas por diante.

Mentres, o Cerqueda caía ante un forte Victoria mentres as Miúdas sumaban a súa segunda vitoria desta complicada campaña, na que seguen sufrindo problemas de xente.

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 8

  • Resultado: Xuv. Crendes - Bergantiños (0-4)
  • Bergantiños: Andrea; Sabrina, Tati, Lorena, Laura Suárez, Cruz; Isa, Alba, Laura Caamaño, Claudia e Yaiza. Tamén: Alexia, Seo, Noe, Carla e Bárbara.
  • Goles: 0-1, m.17: Cruz a centro de Torrado; 0-2, m.29: Cruz; 0-3, m.41: Isa de penalti; 0-4, m.87: Bárbara aproveita o rexeite do seu propio penalti.

Gran partido o vivido en O Monte, cun Bergantiños que non deu opción ao rival e nos primeiros 45 minutos pechou o partido. Abría o marcador ao cuarto de hora Cruz, que tras outros 15 minutos de balóns divididos, ampliaba a renda. Isa, Alba, Claudia e Cruz non eran quen de volver bater a Andrea, ata que ao fío do descanso, tras un gran pase profundo de Laura, Isa recibía na área e unha xogadora local faríalle falta, sinalando o árbitro a pena máxima. A propia Isa encargábase de lanzar o penalti. O Crendes quedaríase con dez, trala expulsión de Alba polas súas protestas sobre o penalti.

Tralo paso por vestuarios o partido baixou en intensidade. Só ao final o Bergan marcaba o cuarto.

 

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 8

  • Resultado: Cerqueda - Victoria (2-5)
  • Cerqueda: Nuria Tuset; Monica, Nuria Chouciño, Paula Veiga, Lidia, Raquel, Cris Veres, Ana, Lucía, Lorena e Eva. Tamén: Michelle e Isa.
  • Goles: 0-1, m.9; 0-2, m.17; 1-2, m.30: Lucía Dourado; 2-2, m.65: Lidia; 2-3, m.67: Nuria Tuset en propia meta; 2-4, m.81; 2-5, m.91.

Partido no que o resultado non se corresponde co visto sobre o terreo de xogo. Gran paso adiante das bergantiñás, que fixeron un gran partido, e que apuntaba a sumar puntos na clasificación, pero nuns erros puntuais escapóuselle o partido as de Jorge Guillamet.
Colocábanse 0-2 ás herculinas nos primeiros minutos, a pesar de estar xogando ben. No canto de virse abaixo, colleron mais folgos e foron quen de poñer o 2-2 mediada a segunda parte.
Cando mellor estaban a xogar, unha xogada fortuita pon o 2-3, que puxo moi costa arriba o partido despois de todo o esforzo realizado.

En calquera caso, dá gusto ver a progresión deste grupo.

 

2ª División Feminina, Gr.C, xornada 8

  • Resultado: As Miúdas - Pastoriza (4-1)
  • As Miúdas: Laura; Pau, Marcela, Mariña, Sofía; Marta, Gala Leti, Saray (Sabela); Liana e Pati.
  • Goles: 1-0, m.18: Pati; 1-1, m.23; 2-1, m.55: Gala; 3-1, m.78: Pati; 4-1, m.90: Sofía.

Vitoria merecida, a segunda da tempada, para as xogadoras de Juan Carlos, a pesar de seguiren moi merdadas de xente. Volveron facer un gran traballo en defensa, arroupando á súa meta Laura e impedindo que o cadro visitante chegase á súa área. Abría o marcador Gala de falta, pero as visitantes empataban pronto. Puideron marchar con vantaxe pero non acertaron as muradás.

Na segunda metade, sobre todo a partir do segundo tanto, o equipo rosinegro enderezou o partido, cunha Laura que se convertiu en mera espectadora, vendo as paradas continuadas que facía a meta do Pastoriza.

Unha mágoa a sanción de 3 puntos, ademais de dar por perdido o partido da primeira volta en Pastoriza, pois quedan coa sensación de poder ter loitado pola segunda praza.

Novas relacionadas

Crónicas do FSF

 

Crónicas do FutFem

Comentarios