Sábado. 02.11.2024
El tiempo

FutFem: O Bergan estreou categoría con vitoria fóra de casa

Bergan Feminino tras vencer ao Victoria
FutFem: O Bergan estreou categoría con vitoria fóra de casa

Estreouse o Bergan en 1ª Galicia e fíxoo cunha vitoria na Grela ante o Victoria B. Un gran paso para as vermellas que se quitan así presión para seguir medrando na categoría.

Victoria B - Bergantiños (0-2)

  • Bergantiños: Andrea, Elena, Lore, Alba, Marián, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara, Lara López, Sara e Inés. Tamén xogaron: Seo, Torrado, Noe e Carla.
  • Goles: 0-1, m.14: Marián no man a man tras un roubo; 0-2, m.33: Lara López tras un bo pase de Yaiza.

Primeiro 11 do Bergan Feminino na 1 Galicia

Arrincou o Victoria dominando o balón, ante un Bergan moi xuntiñas buscando roubar en zona de presión e saír á contra. Ana mandou un balón ao pau na única xogada de perigo real das herculinas en practicamente todo o encontro, pero as bergantiñáns tiñan perigo nesas transicións. Nunha desas Marián non fallou no man a man e abriu o marcador.
Seguían dominando as locais, pero era Lara López a que marcaba o segundo tras un bo pase de Yaiza e unha gran definición, regateando á meta local.

Continou a mesma tónica na segunda metade, pero as de Gueli e conseguiron dominar os tempos do partido, baixar o ritmo, e ir matando o partido.

O domingo, ás 17:00h nas Eiroas reciben ao Tordoia.

Xa tendes o calendario en www.futboldacosta.com.

Comentarios