Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Futfem: Cee e Bergan no alto da táboa

Bergan feminino
O Bergan en Ordes
Futfem: Cee e Bergan no alto da táboa

Novas vitorias de Cee e Bergan que os deixan líderes dos seus grupos nesta 2ª División Feminina. E que números ademais. O Cee suma 20 goles a favor e 2 en contra en apenas 3 partidos (que conta por vitorias) mentres que o Bergan suma 15 a favor e 4 en contra en 3 vitorias e 1 empate.

Pola súa parte, o Cerqueda (que xoga a vindeira semana nas Eiroas) caía na casa e As Miúdas non pasaba do empate.

Ordes - Bergantiños (0-7)

  • Bergan: Andrea, Sabrina, Tati, Lorena, Isa, Carla, Eva, laura Caamaño, Claudia, Yaiza e Bárbara. Tamén: Alexia, Laura Seoane, Alba, Noelia.
  • Goles: 0-1, m.5: Bárbara; 0-2, m.35: Bárbara; 0-3, m.50: Yaiza; 0-4, m.53: Yaiza; 0-5, m.56: Yaiza; 0-6, m.65: Alba; 0-7, m.85: Laura Caamaño-

O partido tivo clara cor vermello de principio a fin, e xa comezaba coas de Gueli e René apretando arriba. Xa aos 5 minutos Bárbara abría a lata deixando claro cal ía ser o guión dun choque no que a protagonista foi Yaiza, cun xogo espectacular, tres goles e daría dúas asistencias. Despois de media de control visitante, chegaba o minuto 35 e un pase de Yaiza en profundidade a Bárbara que novamente non fallaba.

Tralo paso por vestuarios o Bergantiños saíu máis enchufado e con maior ritmo e así foi que empezou a chegar con máis claridade aínda ao área rival. En apenas 5 minutos Yaiza facía un triplete, completando a goleada Alba e Laura Caamaño. Con este resultado o Bergantiños de gueli e René mantén a primeira posición na táboa clasificatoria.

 

Cerqueda - Pastoriza (0-1)

  • Cerqueda: Nuria, Paula Veiga, Almu, Lidia, Raquel, Ana María, Eva, Uxía, Lucía, Lorena e Paloma. Tamén: Mónica, Nuria, Michelle, Isabel e Nayara.
  • Gol: 0-1, m.73.

Partido moi disputado, no que a vitoria puido caer para calquera das dúas partes. Foi un choque moi intenso, no que non resultaba doado trenzar boas xogadas a ningun dos 2 equipos. O gol visitante chegou nun barullo na área, que a xogadora visitante definiu cun disparo forte, imposible de atallar para a porteira cerquedán.

O recén formado equipo de Jorge Guillamet segue sumando boas sensacións a pesar do resultado.

 

Os Miúdos - Noia (1-1)

Partido moi igualado, cun Noia que comezou máis atacante no primeiro tempo, ante un cadro muradán, dirixido por Juan Carlos, que se defendía moi ben.

Na segunda estirándose algo máis estiráronse as locais, pero cando mellor xogaban un pequeno erro costoulles o gol en contra. O Noia, á contra pudo sentenciar cun par de contras, pero as Miúdas estiveron moi firmes e conseguiron empatar cun gol de Ainoa de cabeza nun corner que fixo xustiza, despois de que a propia Ainoa avisase.

  • As Miudas: Laura, Pau, Marcela, Mariña, Sofía, Ainoa, Leti, Gala, Marta, Saray, e Pati. Tamén: Sabela e Liana.
  • Goles: 0-1, m.50; 1-1, m.70: Ainoa nun córner.
  •  :

    Cee - Pastoriza (6-0)

    • Cee: Noemí, Lucía Rod., Sara, Alba Trillo, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxia, Andrea. Tamén: Lucía Facal, Laura Blanco, Marta, Antía e Lucía.
    • Goles: 1-0, m.4: Lucía Canosa; 2-0, m.11: Lucía Canosa; 3-0, m.25: Lucía Rodríguez; 4-0, m.38: Sharay Caamaño; 5-0, m.57: María Lijó; 6-0, m.90: Uxía.

    Partido sen moita historia con 90 minutos de monólogo branquiazul ante un rival ben ordeado e intenso pero que pasou do mediocampo en contadas ocasións. Demostran así as costeiras que están moi en forma.

    Xa se adiantaban as de Rafa no m.4 nun saque de banda no que Andrea fai un amago para irse de dúas rivais dentro da área e centra para que Lucía Canosa fusile na área pequena. Pouco despois, de novo Canosa, volve a marcar cun tiro á escadra.

    ˝Lurs” facía o terceiro de penalti e despois Sharay Caamaño fixo o cuarto antes de rematar a primeira metade e ainda que houbo ocasións para máis a gran actuación da porteira visitante privounos dun resultado máis abultado.
    Na segunda parte baixou o ritmo do partido pero non o dominio local e de novo a porteira visitante e a falta de puntería evitaron un resultado maior. Ainda así, marcou Maria o quinto despois de gran xogada de Canosa e Uxía o sexto de gran xogada persoal.<&o>

    Crónicas do FSF

     

    Crónicas do FutFem

Comentarios