Futfem: Derbi histórico no San Paio de Refoxos

Derbi histórico o vivido no San Paio de Refoxos, que refrendou o bo facer deste novo UC Cee volveu a amosar a coraxe dunhas Miúdas que non paran ante ningún percance. As de Rafa seguen na 3ª praza a só 3 puntos do líder, e As Miúdas fican agora 8 puntos máis abaixo.
Moi potente segue o Bergan, empatado na segunda praza co Narón, a só 3 puntos do líder, un Tordoia ao que visita a vindeira semana o cadro de Gueli.
Pola súa parte, as xogadoras do Mazaricos, máis serias que nas últimas xornadas, tiraron de oficio para vencer en Lalín e subir á zona media da táboa.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 7
- Resultado: UC Cee - As Miúdas (1-0)
11 do Cee-Foto- Rafa Quintáns
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Laura. Tamén: Lucía Martínez, Marta, Ruth e Antía.
As Miúdas en Cee-Foto-Rafa Quintáns
- As Miúdas: Laura, Paula, Marcela, Antía, Martina, Aitana, Leti, Gala, Eva, Ainoa e Iria. Entraron: Sabela, Saray, Ana, Mariña e Adriana Riomao.
- Gol: 1-0, m.26: Lucía Canosa.
Foto-Rafa Quintáns
Vibrante duelo costeiro protagonizado polas 32 guerreiras da comarca. Un choque igualado, decidido gracias a unha boa acción de Lucía Canosa, que supera a Laura (a xogadora de campo tivo que volver poñer as luvas) no ecuador do primeiro tempo tras 25 minutos de respecto e brega.
Tralo gol o dominio do balón e as ocasións alternábase, Ainoa levaba perigo en arrancadas pola esquerda pero as defensoras ceenses aplicábanse con boas coberturas e axudas para frear a velocidade da de Outes, mentres que polas locales, nin Uxía nin Sharay eran quen de gañarlle as costas á zaga muradana, e así se chegaría o descanso.
Na reanudación as locais querían sair dende atrás pero as Miúdas meteron presión en campo rival roubando con perigo e evitando as contras das locales. Noemi estivo máis acertada que Gala e Antía en sendos lanzamentos desde fora. Pola contra, o Cee reclamaría o 2-0 nun fóra de xogo dubidoso na única xogada de perigo das ceenses nonsegundo acto.
E nos últimos 15 minutos as visitantes botaron canto tiñan no céspede mollado e cuberto de borraxeira para atrincherar en area contraria o Cee, xogando con perigo cada balón pero sin puntería e atopando en Noemi un muro infranqueable. Antía tivo o empate no último suspiro, deixando muda a numerosa bancada e cun golpe no longueiro que aínda retumba.
O esforzo das visitantes foi dedicado o xuvenil Fran, que na tarde do sábado sufriría unha grave lesión no mismo terreo de xogo ante o mismo rival.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 10
- Resultado: Bergantiños - Obrero (9-0)
- Goles: Vimi (2), Isa, Carla (2), Yaiza, Ali, Canosa, Carol.
O partido prevíase plácido para un Bergantiños que logo da súa vitoria ante o Abella xogaba en casa ante un rival da parte baixa da clasificación, e así foi xa que o partido tivo clara cor “rojillo”, aínda que o rival o obreiro de Oleiros non dubidou en plantarlle cara ao seu rival e mostro as súas armas, tanto defensivas como ofensivas intentando saír e ter sempre o balón, pero o Bergantiños esta en un gran momento de forma e mostrouse serio e moi superior ao seu rival.
Aguantaba ben o obreiro grazas á súa porteira que nos primeiros 25 minutos, foi quen de facer paradas de mérito para o seu equipo e manter o 0-0 no marcador e así, nin Carla, Isa, Vimi, Alba… podían traspasar o muro da portería rival. Foi cando Vimi fai un Messi e clava unha falta pola escuadra para abrir o marcador. En 5 minutos o marcador xa lucía un claro 3-0 e antes do descanso Carla completaba ata o 4-0.
Os goles foron caendo na segunda parte ata a goleada final.
LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 9
- Resultado: Escolas Lalín - Mazaricos CF (0-2)
- Mazaricos: Sheila, Tamra, Anxe, Lúa, Iza, Lucía Freire e Katia.Tamén: Jeni, María Senra, Rita, Daniela, Fati e Inés.
- Goles: 0-1, m.34: María; 0-2, m.60: Daniela.
Saíron as amarelas concienciadas da necesidade de facer un bo traballo defensivo, e responderon ás mil marabillas deixando a porta a cero, tras un encontro moi igualado, e a pesar ds baixas tan importantes como son Yas e Graci.
Abriu o partido, pasada a media hora, María tras unha boa xogada por banda e marcando a pesar de estar algo escorada. E xa co tempo cumplido unha combinación entre Lúa e Rita deixan a Daniela soa diante da porteira para definir con moita clase a un lado.
Novas do FutFem
- Bergantiños e Mazaricos suman de 3 en 3.
- Cee e As Miúdas colócanse ben arriba mentres o Mazaricos non sae da zona baixa.
- O Cee e o Bergan manteñen o pulso na zona noble.
- Xornada de boas sensacións.
- Trío de derrotas.
- Trío de vitorias.
- FútFem: Un trío de potencias para levar ao Mazaricos á súa primeira vitoria.