Venres. 19.04.2024
El tiempo

Futfem: A quinta vitoria seguida que permite soñar

Non se deixaron amilanar as guerreiras de Muros pola dureza das de Cambados, e gracias a unha gran defensa e a unha boa efectividade conseguiron a 5ª vitoria consecutiva. As costeiras non desbotan aínda pelexar pola segunda praza, que ostenta un Concello de Boiro que suma 6 puntos máis que as muradás pero aínda cun enforntamento directo pendente nas últimas 5 xornadas.

As que xa pouco teñen que facer máis intentar quedar o máis alto posible son as xogadoras do Bergantiños, e máis despois da derrota ante as 3ª, nun choque no que visitante Laura Raña marcou as diferenzas e fixo que o fútbol fose inxusto cun Bergantiños que perdeu un partido que ao descanso gañaba 2-0.

As Miudas
As Miúdas lograron en Cambados a 5ª vitoria-Foto-Iria Lago
Futfem: A quinta vitoria seguida que permite soñar

2ª División, Gr. 3, xornada 21

  • Resultado: Juv. Cambados - As Miúdas (0-5)
  • As Miúdas: Yaiza, Isa, Laura, Antía, María de Pastora, Leti, Marta, Bárbara, María Dosil, Sandra e Pati.
  • Goles: 0-1, m.4: Pati; 0-2, m.12: en propia meta tras un centro de Bárbara; 0-3, m.35: de novo en propia meta tras un centro de Bárbara; 0-4, m.72: Antía de penalti feito a Bárbara; 0-5, m.77: Bárbara.

Dende o principio dominou o cadro muradán que ademais vía como os goles ían chegando cada pouco rematando 0-3 o primeiro tempo e puidendo acabar con algún tanto máis, se Bárbara ou Marta estivesen acertadas.

O dominio na segunda aínda foi maior na segunda, culminando a goleada. Pero ademais do resultado, a mellor nova foi o retorno de Eva tras unha grave lesión de xeonllo.

2ª División, Gr. 2, xornada 21

  • Resultado: Bergantiños - Abellá (2-3)
  • Bergantiños: Lara Sanchez, Martasa, Seo, Sabrina, Fra, Lore, Torrado, Noe, Mery, Canosa e Tamy. Tamén xogaron Isa, Paula, Eva, Tania e Rabuñal.
  • Goles: 1-0, m.28: Tamy a pase de Canosa; 2-0, m.42: Mery; 1-2, m.55; 2-2, m.60; 2-3, m.85.

Bergantinos Feminino ante o Abella

Chegaba o Abellá ás Eiroas como terceiro clasificado e disposto a sacar os tres puntos para non escaparse na loita con Cambre e Abellá e atopouse cun Bergantiños cas ideas moi claras e coa intención de poñerlle as cousas moi complicadas.

Empezou o Bergan mais intenso en mediocampo e chegando a portería rival con ocasións moi claras pero se acerto por medio de Noe e Tamy. Puido sacar proveito o Abellá destes fallos xa que nos seguintes minutos disporían de duas ocasións clara salvadas por L. Sanchez e Fra baixo paos. Á terceira foi a vencida para as carballesas e Tamy abría o marcador. Pouco antes do descanso Mery facía o segundo.

As visitantes saíron fortes tralo descanso, pero as xogadoras de Gueli aguantaron ben as embestidas de Laura Raña, mellor xogadora no campo. Aínda puido ampliar a ventaxa Tamy se estivera acertada en boca de gol a pase de Canosa. Xusto despois Alba recurtaba distancias ao transformar unha falta directa. Pouco despois Raña empataba o partido ao aproveitar uns minutos de debilidade defensiva das carballesas.

Nos últimos 15 minutos o resultado puido decantarse para calquer equipo, xa que os dous disporían de ocasións por medio de Laura Raña para as visitantes por medio dun man a man que mandou alto Tamy; de Mery que fallou de falta e de Noe, que mandou ao pao un remate de cabeza. A 5 min. para o final novamente Raña marcaba o 2-3 nunha indecisión da defensa carballesa. O Bergan intentaríao á desesperada nos últimos instantes pero po resultado xa non se movería.

Todas as novidades do FutFem

Comentarios